miniatura|240px|Lámina de 1896 Salvelinus alpinus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos salmoninos, unha das numerosas comprendidas no xénero Salvelinus,Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) no WoRMS. Consultado o 8 de marzo de 2022.Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 8 de marzo de 2022.[https://www.biolib.cz/en/formsearch/?action=execute&searcharea=1&string=Salvelinus+alpinus Salvelinus alpinus (Linnaeus, 1758)] no BioLib. Consultado o 8 de marzo de 2022.
Propia dos de lagos alpinos e das augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.Cambridge Bay Arctic Char. Salvelinus alpinus (L.) Arquivado do orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2022.
Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Salmo alpinus.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:
Salmo alpinostagnalis Smitt, 1886 Salmo alpinus Linnaeus, 1758 (basónimo) Salmo alpinus var. nivalis Faber, 1829 Salmo carbonarius Strøm, 1784 Salmo erythrinus Georgi, 1775 Salmo hybridus Smitt, 1886 Salmo laevis Walbaum, 1792 Salmo levis Mohr, 1786 Salmo marstoni Garman, 1893 Salmo oquassa Girard, 1854 Salmo palja Walbaum, 1792 Salmo punctatus Cuvier, 1829 Salmo rutilus Nilsson, 1832 Salmo salvelinostagnalis Smitt, 1886 Salmo trutta trutta Walbaum, 1792 Salmo ventricosus Nilsson, 1832 Salvelinus alpinostagnalis (Smitt, 1886) Salvelinus alpinus stagnalis (Fabricius, 1780) Salvelinus aureolus Bean, 1887 Salvelinus marstoni (Garman, 1893) Salvelinus stagnalis (Fabricius, 1780)
Subespecies Na actualidade recoñécense as tres subespecies seguintes: Salvelinus alpinus alpinus (Linnaeus, 1758) Salvelinus alpinus oquassa (Girard, 1854) Salvelinus alpinus taranetzi Kaganowsky, 1955
Distribución A área de distribución de Salvelinus alpinus e cicumpolar, encontrándose nos lagos alpinos e nas augas costeiras das rexións árticas e subárticas, incluíndo as illas do arquipélago ártico do Canadá.Cambridge Bay Arctic Char. Salvelinus alpinus (L.) Arquivado do orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 9 de marzo de 2022. Observouse no Ártico canadense, Groenlandia, Islandia, Escandinavia, Siberia e Alasca.Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008): Salvelinus alpinus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 8 de marzo de 2022.Rikardsen, Audun H.; Diserud, Ola H.; Elliott, J. Malcolm; Dempson, J. Brian; Sturlaugsson, Johannes; Jensen, Arne J. (2007). "The marine temperature and depth preferences of Arctic charr (Salvelinus alpinus) and sea trout (Salmo trutta), as recorded by data storage tags". Fisheries Oceanography. 16 (5): 436–447.
Ningún outro peixe de auga doce se encontra tan ao norte.
Características Intimamente relacionado co salmón e a troita, comparte características con ambos os dous.
Pode alcanzar unha lonxitud de 1,10 m e un peso de 15 kg.Government of Canada, Fisheries and Oceans Statistical Services (19 de decembro de 2016). Arctic Char. Salvelinus alpinus. En dfo-mpo.gc.ca. Consultado o 8 de marzo de 2022.
A idade máxima publicada é de 40 anos.Salvelinus alpinus en genomics.senescence.info.
En xeral, o dorso é escuro, de cor parda olivácea, e o ventre e os flancos claros. O dorso e os laterais aparecen con característicos puntos vermellos ou rosados, de maior tamaño ao longo da liña lateral, á veces maiores que a pupila. Porén, a cor é mi variábel, dependendo da situación, a época do ano e o grao de madureza sexual. Na época da desova, os adultos de ambos os sexos, pero especialmente os machos, presentan unha brillante coloración vermella ou alaranxada no ventre e as aletas pectorais, pelvianas e na anal. Esta coloración vermella danlla os carotenoides presentes na dieta; os anfípodos son a principal fonte deste pigmento. Os inmaturos presentan 11 manchas escuras en cada costado. As aletas son claras nos xuvenís, e escuras nos adultos.
Bioloxía É unha especie bentopeláxica que vive en augas frías e ben oxixenadas, que aparece en zonas profundas dos ríos medianos ou grandes, e nos lagos. Poden ser anádromo, semianádromo ou sedentario. Os espécimes que viven ao norte dos 65° N de latitude son xeralmente anádromos.
As formas anádromas pasan gran parte das súas vidas no mar, onde ocupan un rango de profundidades de 30 a 70 m. As poboacións non migratorias permanecen permanentemente nos lagos e ríos.
É unha especie extremadamente sensíbel á contaminación da auga.
A súa dieta varía segundo a estación e o lugar onde se atopa. Adoita ser oportunista. Encontraronse máis de 30 especies no seu estómago.<ref name=FAG>Finstad, Anders Gravbrøt; Ugedal, Ola & Berg, Ole Kristian (2006): "Growing large in a low grade environment: size dependent foraging gain and niche shifts to cannibalism in "Arctic char". Oikos''' 112 (1): 73–82.</ref>Andrews, C. W. & Lear, E. (2011): "The Biology of Arctic Char (Salvelinus alpinus L.) in Northern Labrador". Journal of the Fisheries Board of Canada 13 (6): 843–860.Grainger, E. H. (2011): "On the Age, Growth, Migration, Reproductive Potential and Feeding Habits of the Arctic Char (Salvelinus alpinus) of Frobisher Bay, Baffin Island". Journal of the Fisheries Board of Canada 10 (6): 326–370.
As poboacións de auga doce aliméntanse de crustáceos planctónicos, anfípodos, copépodos, moluscos, insectos e doutros peixes, incluso da súa propia especie.E. A. Keller; R. H. Blodgett & J. J. Clague (2010): The Catastrophic Earth, Natural Disasters. Boston, Massachusetts, USA: Pearson Custom Publishing. ISBN 978-0-5368-7813-7.
Os mesmos crustáceos que lles serven de alimento son con frecuencia hospedadores intermediarios de parasitos.
As femias adoitan depositar de 3 000 a 5 000 ovos. Non morren despois da desova, como ocorre no salmóns do Pacífico (xén ero Oncorhynchus, e adoitan desovar varias veces ao longo da súa vida, normalmente cada segundo ou terceiro ano. A ceías emerxen na primavera e permanecen no río de 5 a 7 meses, ou até que miden uns 15-20 cm de lonxitude. A madurez sexual varía de 4 a 10 anos, cando alcanzan os 50 ou 60 cm de lonxitude.Corrocher, R.; Tedesco, F.; Rabusin, P. & De Sandre, G. (1975): "Effect of human erythrocyte stromata on complement activation". British Journal of Haematology 29 (2): 235–241.Vilhunen, Sampsa & Hirvonen, Heikki (2003): "Innate antipredator responses of Arctic charr (Salvelinus alpinus) depend on predator species and their diet". Behavioral Ecology and Sociobiology 55 (1): 1–10.Andrews, C. W. & Lear, E. (2011): "The Biology of Arctic Char (Salvelinus alpinus L.) in Northern Labrador". Journal of the Fisheries Board of Canada. 13 (6): 843–860.
Pesca A súa pesca non reviste grande interese comercial, pero é unha especie usada en acuicultura e un trofeo moi común en pesca deportiva.
Comercialízase fresco, afumado, enlatado e conxelado. Cómese salgado, cocido, frito e asado.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida sen que se coñezan grandes ameazas xeneralizadas, e aínda que varias poboacións diminuíron significativamente, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kottelat, M. & Freyhof, J. (2007): Handbook of European Freshwater Fishes. Cornol, Xura, Suíza: Publications Kottelat. ISBN 978-2-8399-0298-4.
Outros artigos Salmoniformes Salmónidos Salmoninos Salvelinus''
Categoría:Salvelinus Categoría:Taxons descritos por Linné