O arazá ou goiaba vermella é unha árbore da especie Psidium cattleianum, da familia Myrtaceae.

Etimoloxía "Arazá" é proveniente do termo tupí ara'sáFERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.153.

Características Pequena árbore non pioneira, con altura máxima de 9 metros e copa rara. Perennifolia, vive en ambientes húmidos e iluminados.Lorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X esquerda|miniatura|150x150px|Flor de arazá nas Illas Reunión O tronco tortuoso ten casca lisa que descama en placas finas. As follas son coriáceas e glabras, con até 10 cm de lonxitude. As flores son axilares, solitarias, brancas, e aparecen fundamentalmente na primavera e verán.

Os froitos son bagas arredondadas, coroadas polo cáliz persistente, de polpa suculenta esbrancuxada, semellantes a unha goiaba pequena e de sabor máis acedo. Aparecen entre o outono e o inverno. Os arazás pódense comer crus ou procesados de diversas maneiras.

Na variedade Psidium cattleyanum var. cattleyanum, os froitos son vermellos, mentres que P. cattleyanum var. litorale ten froitos amarelos''. esquerda|miniatura|180x180px|Froitos de arazá vermello As sementes son dispersadas por animais, principalmente paxaros e mamíferos.

Ocorrencia A especie é nativa do Brasil e o Uruguai, pero naturalizouse en rexións tropicais e subtropicais da América do Norte, África, Australasia e o Pacífico, onde se pode comportar como invasora. esquerda|miniatura|160x160px|Ramo con froitos de arazá amarelo na illa de Maui, en Hawai

Notas

Véxase tamén Outros artigos Psidium Goiabeira Goiaba Feixoa

Categoría:Psidium Categoría:Froiteiras Categoría:Froitas exóticas Categoría:Bagas Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Plantas descritas en 1821