Mario García Obrero, coñecido como Mario Obrero, nado en Madrid en 2003, é un poeta español.

Traxectoria Empezou a escribir aos 7 anos e en 2019 era alumno de Humanidades no instituto público La Senda de Xetafe.

Os poemas de Peachtree City foron escritos entre Atlanta e Xetafe. Antonio Lucas destaca o desconcerto, a celebración, a ironía, a paisaxe transcendida e unha absoluta liberdade para facer un acontecemento, unha harmonía e unha festa de imaxes. En Suena la «Sonata Gallega» en un centro comercial de Atlanta:

En Cerezas sobre la muerte (2022) mestura a poética verbal coa poética plástica a través de ilustracións e, nese espírito asambleario, as cereixas son un espazo polígloto onde conviven sen tradución nin cursiva voces en éuskaro, asturiano, castelán, catalán e galego. No libro recóllese a experiencia da participación na Ruta al exilio promovida polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, na que varios mozos percorreron os camiños que serviron como fuxida aos exiliados na Guerra civil do 36. No libro dise en galego:

miniatura|Con Ramón Rozas na Libraría Paz de Pontevedra (14/03/2022) presentando Cerezas sobre la muerte Tamén colaborou en Radio Nacional. En 2022 empezou a conducir Un país para leerlo na segunda cadea de TVE.

Obras

Carpintería de armónicos (2018). Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes. 60 páxs. ISBN 978-84-19731-05-0. En 2021: Universidad Popular José Hierro. ISBN 978-84-16731-05-3. Ese ruido ya pájaro (2019). Ediciones Entricíclopes. 102 páxs. ISBN 978-8494873836. Peachtree City (2021). Visor Libros, Col. Visor de Poesía. 80 páxs. ISBN 978-84-9895-427-2. Cerezas sobre la muerte (2022). La Vella Varsovia. 48 páxs. ISBN 978-84-121693-4-8. Tiempos mágicos (2024). La Vella Varsovia. 80 páxs. ISBN 978-84-339229-4-6. Con E de curcuspín. Cartas ás linguas (2025). Rinoceronte. Tradución de Moisés Barcia. ISBN 979-13-87877-01-9.

Premios

2018: XIV Premio de Poesía Joven Félix Grande por Carpintería de armónicos. 2021: XXXIII Premio Loewe a la Creación Joven por Peachtree City.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cerezas sobre la muerte, na Libraría Paz de Pontevedra (2022) Recitando un fragmento de O que fica fóra de Manuel Rivas Falando con Ramón Rozas na Libraría Paz de Pontevedra (2022)

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2003 Categoría:Poetas en lingua castelá