Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Sinopse Ambientada na Comarca do Salnés, Rías Baixas conta a historia dunha poderosa saga familiar, os Lantaño.
A familia dos Lantaño, grandes e poderosos propietarios de adegas e viñedos na comarca do Salnés, está a celebrar as vodas de ouro do patriarca Don Ramón e de Dona María. A historia comeza coa chegada a Cambados de Gloria Leiro, unha muller atractiva e intelixente que vén da Arxentina convidada por Don Ramón. Gloria chega para coñecer o seu benfeitor desde que era unha nena, tras a morte de seu pai. A súa presenza, rodeada de moito misterio, destapa conflitos internos na propia familia, como o malentendido entre Diego e Gonzalo, a caótica situación matrimonial de Olalla e a vontade do patriarca don Ramón de cambiar o testamento. Todo sucede o día da celebración do aniversario, cando a tráxica e provocada morte do patriarca desencadea a loita de Gonzalo por conseguir o que considera seu, custe o que custe.
Gloria quedará en Cambados coa súa filla adoptiva e loitará por coñecer a verdade dos feitos ocorridos anos atrás e por introducirse no negocio vitícola.
A partir deste momento os negocios e paixóns, pasados escuros, ausencia de escrúpulos, amores imposibles... serán os protagonistas.
Elenco de actores
Sonia (Muriel Sánchez). Gloria (Sonia Castelo). Gonzalo Lantaño (Antonio Mourelos). Dona María de Lantaño (Aurora Maestre). Diego Lantaño (Guillermo Cancelo/ Manuel Regueiro). Marta Cabanillas (Ainoa Calvo). Pepe Pumares (Tacho González). Carmiña (Belén Constenla). Herminia (Finola Vázquez). Xan Rei (Toñito de Poi). Manuel Rei (Xan Cejudo). Felisa (Pilar Pereira).
Lista de intérpretes Fernando Acebal Alfonso Agra como Gómez César Aldea como Riqui Pedro Alonso como Pedro Soutelo Tino Antelo Antón D. Axeitos María Barcala como Isabel Losada Maxo Barjas como Ruiz Ricardo de Barreiro Rocío Belén Isabel Blanco como Isabel Otero Mighello Blanco como Alberte Alicia Borrás Lino Braxe como Andrés Varela Urbano Briones Celso Bugallo Ainoa Calvo como Marta Cabanillas Ana Carbajal Anxo Carbajal Comba Campoy como Uxía Lantaño Guillermo Cancelo como Diego Lantaño Anxo Carbajal Paula Carballeira como Catuxa Rafael Carro Sonia Castelo como Gloria Monti Castiñeiras Sonia Castiñeiras como Leonor Rubén Castro Xoán Cejudo como Manuel Rei Xosé Manuel Conde Belén Constenla como Carmiña Joaquín Domínguez Cristina Espinosa Juanillo Esteban Xavier Estévez como Luís Gondar Manu Fernández como Xavi Nekane como Susa Víctor Fernández Juan M. Figueiro Anabel Gago Antonio Gavalás Roberto Gómez Avelino González Santiago Fernández como Fernando Gonmar Gaspar González como locutor de radio (voz) Tacho González como Pepe Pumares Francisco G. Grela Roberto Leal José Luís López “Sacha” Julio Lorenzo Aurora Maestre como dona María de Lantaño Vanessa Mariño Antonio Mourelos como Gonzalo Lantaño Iolanda Muíños Isabel Naveira Marcos Orsi como Marcos da Silva Chelo Pampillón Cristina Pascual como Beatriz Pilar Pereira como Felisa Toñito de Poi como Xan Rei Manuel Pombal Santi Prego como Lito Jacobo Prieto como Balseiro Benxamín Queiro Carlos Reboreda Manuel Regueiro Salvador del Río Aitor Rey Marcos Rodríguez como Ramón "Moncho" Lantaño Nieves Rodríguez Pablo Saavedra Manuel Sabín Olalla Salgado como Teté Muriel Sánchez como Sonia Roberto Sánchez "Luna" Nuria Sanz como Olaia Lantaño Manuel da Silva Iria Sobrado Jose Angel Gómez Ledicia Sola como Vanesa Vicente de Souza como Damián Manuel Suárez Pepo Suevos Ramiro Taboada Xosé María Tanas Avelina Vázquez como Herminia Adrián Viador como Dani Jorge Vidal Fran Lareu
Galardóns e nomeamentos (3 & 17) Premios Chano Piñeiro Ano Categoría Receptor Resultado2001Mellor serie ou filme de ficciónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeadaMellor directorJesús SeguraNomeadoMellor interpretación masculinaTacho GonzálezNomeadoMellor interpretación femininaSonia CasteloNomeadaMellor interpretación secundariaFinola VázquezGañadoraMellor montaxeGerardo RodríguezGañadorMellor realizaciónLuis SeguraGañador
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2002Mellor serie de televisiónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeadaMellor actorMarcos OrsiNomeadoMellor actrizBelén ConstenlaNomeadaMellor montaxeGerardo RodríguezNomeadoMellor fotografía e iluminaciónSaid Omala e Jacobo MartínezNomeados2003Mellor serie de televisiónZenit Multimedia, Costa Oeste e TVGNomeadaMellor realizadorGerardo RodríguezNomeadoMellor montaxeSandra SánchezNomeadaMellor fotografía e iluminaciónJacobo MartínezNomeadoMellor deseño de vestiarioCarmen CasalNomeada
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2000 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2005 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega