O calco semántico é un procedemento por medio do cal unha lingua incorpora unha palabra doutra naturalizándoa e recompoñéndoa formalmente.

Tamén denominado calco léxico, o calco semántico consiste en tomar o significado dunha palabra procedente da lingua na cal se orixina o préstamo e copialo literalmente na lingua de destino, mais o significante resulta convertido, naturalizado, adaptado ás características gráficas, fonéticas e gramaticais da lingua que o adopta, traducíndoo literalmente da lingua da que provén.

Por exemplo, a expresión fin de semana é un calco semántico da expresión inglesa week-end. Adaptouse ó galego gráfica, fonética e gramaticalmente.

Exemplos de calco semántico Do alemán Balonmán < Hand-ball. Guerra lóstrego < Blitzkrieg. Concepción ou visión do mundo < Welt-anschauung.

Do castelán Gardaagullas < guarda-agujas. Pasarrúas < pasacalles.

Do francés Banda deseñada < bande desinée. Facer o amor < faire l'amour. Obra mestra < chef d'oeuvre. Terceiro Mundo < Tiers Monde (termo ideado por Alfred Sauvy). Xefe de cociña < chef de cuisine.

Do inglés Aire (a)condicionado < conditionated air. Autoservizo < self-service. Baloncesto < basket-ball. Cabalo de forza < horse-power. Campo a través < cross-country. Cheque de viaxe < traveller-cheque. Ciencia ficción < science fiction. Computador persoal < personal computer. Corrente en chorro < jet-stream. Estado de benestar < welfare state. Fin de semana < week-end. Guerra Fría < Cold War. Ligazón (en webs) < link. Lúa de mel < honey-moon. Modo ou estilo de vida < way of life. Pano de aceiro (a fronteira cos antigos países comunistas) < iron-curtain (designación cuñada por Winston Churchill). Rañaceos < sky-scraper. Rato (de computador) < mouse. Retroalimentación < feed-back.

Do latín Descanse en paz < requiescat in pace.

Véxase tamén Préstamo lingüístico Tradución

Categoría:Semántica