En informática, a extensión do nome dun ficheiro apareceu no sistema operativo MS-DOS para diferenciar os diferentes tipos de documentos segundo o seu contido. Naquela altura, os nomes de ficheiro podían ter como máximo oito caracteres para o nome mesmo, e outros tres para a extensión (separada do resto por un punto, como por exemplo autoxec.bat).
Tipos Algunhas das extensións máis coñecidas daquela eran:
EXE , COM : Ficheiros executábeis; BAT : Ficheiro batch (de grupo de comandos), equivalente a un script; TXT : Ficheiro de texto sen formato; SYS : Ficheiro necesario para a execución do sistema operacional.
Innumerables tipos foron aparecendo: imaxes: BMP (imaxe en mapa de bits), JPG (ou JPEG, comprimida), PNG (comprimida), TIFF, SVG (vectorizada), GIF (animada) documentos de Office: DOC para Word, XLS para Excel e MDB para Access PDF para Adobe son: MP3 vídeos: AVI, FLV, Ogg, MP4
A estrutura interna dos documentos debe corresponder coa súa extensión para que non se produzan problemas.
O xeito de escribir as extensións é con maiúscula ou minúscula, precedida ou non de punto: sys .sys SYS .SYS
Véxase tamén Outros artigos Lista de extensións de ficheiros
Ligazóns externas dotwhat.net , recursos e información sobre as extensións e os tipos de ficheiro
Categoría:Formatos de ficheiro Categoría:Sistemas de ficheiros