Giraldus Cambrensis ou Xeraldo de Gales, en francés Gerard Le Cambrien, nado no castelo de Manorbier (Pembrokeshire) c. 1146 e finado probablemente en Hereford c. 1223, foi un monxe e escritor galés.
Traxectoria
De familia nobre, tivo unha formación completa en teoloxía e letras en Inglaterra e París. Regresou ao seu país natal de Gales como arcidiácono e desde ese cargo tratou de limitar os abusos de recadación de fondos da igrexa local. Entre as súas obras destaca a Topographia Hibernica, unha descrición das súas viaxes por Irlanda cun alto contido histórico (que máis tarde continuaría en Expugnatio Hibernica ); Itinerarium Cambriae, onde fai o mesmo pero en Gales; De instructione principis; Speculum ecclesiae, varias vidas de santos e unha autobiografía titulada De rebus a se gestis.
Legado O seu legado é especialmente importante para as descricións da vida normanda, que coñecía de primeira man. Os seus libros inclúen moitas opinións persoais, moitas veces controvertidas, sobre a corte e a historia do seu país, así como coleccións de lendas locais que doutro xeito non sobrevivirían.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mito da árbore dos gansos Literatura de Gales
Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Escritores de Gales Categoría:Nados no século XII Categoría:Finados no século XIII