Asdrúbal, (en ‬, ʿAzrubaʿal)Huss (1985), p. 566 coñecido como Asdrúbal o Belo, ou Asdrúbal o Vello, nado sobre o -270 e finado no -221, foi un político e xeneral cartaxinés, xenro de Hamílcar Barca e, trala morte deste, gobernador de Iberia. En colaboración con Haníbal, estendeu o imperio cartaxinés na península fundando Qart Hadash, Cidade Nova, como a súa homóloga africana, a Carthago Nova romana, actual Cartaxena.

Foi asasinado no -221 e sucedeuno no mando Haníbal. Traxectoria

Mocidade Dende moi novo, foi un dos xefes do partido popular ou democrático e tivo actividade política durante as dúas primeiras guerras púnicas. Casou coa filla de Hamílcar Barca e acompañou a este a Iberia no 238 a.C., despois da Primeira guerra púnica, desembarcando en Gadir (a Gades romana, actual Cádiz) Despois, retornou a Cartago para toma-lo mando na guerra contra os Númidas que se sublevaran contra Cartago e aos que derrotou polo que Numidia pasou a estar controlada polos Barca.Polibio 3.7-16Tito Livio 21.22.1-4Tito Livio 23.26.2Diodoro, 25.2 (Asdrúbal, fillo de Amilcar, foi enviado polo seu sogro a Cartago contra os numidios, que se rebelaran contra os cartaxineses, matando oito mil en combate e facendo dous mil prisioneiros. O resto foron sometidos a homenaxe).

Presenza en Iberia Aínda que non se sabe cando regresou a Iberia, posiblemente durante o 231-230 a. C, estaba presente no 229 a.C. na morte de Hamílcar durante o asedio de Heliké.Diodoro, 25. 2. (Hamílcar, atraendo cara a el aos seus perseguidores, lanzouse ao outro lado dun río, cruzándoo co seu cabalo, que se ergueu e o lanzo á auga, onde afogou. Mais Haníbal e Asdrúbal, os seus fillos, que o acompañaron, chegaron con seguridade a Acra-Leuke).Hernández (1995), p. 31 Tras este suceso, reuniu as súas forzas en Akra LeukéGebhardt 81864), p. 64 e, como os fillos de Hamílcar eran moi novos (Haníbal, o máis vello, aínda non tiña dezanove anos), Cartago, outorgoulle o mando do exército e deulle o título de gobernador de Iberia. Asdrúbal prefiriu empregar a diplomacia antes que as armas para pacifica-las tribos iberasTito Livio 21.2.7 (aumentou o dominio cartaxinés promovendo lazos de hospitalidade cos reis e atraendo novos pobos a través da amizade dos nobres e non a través da guerra e as armas). e, como se acostumaba na época, esixiu a entrega de reféns por parte dos pobos iberos que estaban sometidos como sistema para asegura-la paz e tamén fomentou os casamentos mixtos; mesmo el casou cunha princesa ibera e animou a Haníbal a casar con Imilce, outra princesa ibera.Brizzi (2000), p. 50

Aspiración monárquica

Fundación de Qart Hadasht No 227 a. C., preto da antiga poboación ibérica de Mastia, fundou a importante cidade e base naval de Qart Hadasht, que os romanos chamarían posteriormente Carthago Nova, a actual Cartaxena. O lugar era un excelente porto natural situado preto das minas de prata e máis preto de Cartago que Gadir; a súa situación permitiu un mellor control dos movementos dos romanos, de xeito que o centro do poder cartaxinés na península foi trasladado de Gadir a Qart Hadash, onde construíu un palacio.

Hai autores que afirman que aspiraba a se converter nun monarca de tipo helenístico o que se xustificaría pola emisión de moedas nas que aparece retratado son símbolos reais. Tamén, que o propio feito da fundación da cidade, Qart-Hadašt, sería equiparable a un acto case divinoBrizzi (2000), p. 49 e, finalmente, que para dar máis relevancia ao seu poder, constuíu un magnífico palacio na nova cidade, no que se asentou a xeito de palacio nunha capital, no que viviu segundo o protocolo helenístico; feitos inauditos nos costumes e tradicións propiamente púnicas.Brizzi (2016), p. 48

Tratado do Ebro Tamén, unha idea que reforzaría a aspiración monárquica era que o seu goberno en Iberia foi bastante independente de Cartago o que se xustifica no Tratado do Ebro ou Tratado de Asdrúbal que foi asinado no seu nome e non no de Cartago no que as dúas potencias delimitan as áreas de control.

No 226 a. C. ante a continua expansión do poderío púnico en Iberia, dúas importantes cidades baixo a influencia grega, Empúries (Emporium) e Sagunto, acudiron a Roma. Esta tratou de delimitar a área de influencia púnica para limita-la súa expansión. O acordo, coñecido como o Tratado do Ebro ou Tratado de Asdrúbal, acotaba a zona de influencia cartaxinesa no sur do río Iber (Iberus para os romanos), hoxe Ebro. Asdrúbal aceptou o acordo, quizais porque o dominio púnico aínda non estaba totalmente consolidado e non pretendía un conflito contra Roma. Por outra banda, Roma tampouco quería que os cartaxineses apoiasen aos galos do norte de Italia cos que estaban en guerra.

Morte Cando aínda non pasaran sete anos dende a morte de Hamílcar, Asdrúbal o Belo, foi asasinado no 221 a. C., a mans dun escravo ou dun mercenario do rei celta Tagus, que vingou, deste xeito, a morte previa do seu señor. O sucesor de Asdrúbal o Belo, foi o seu cuñado, e fillo de Hamílcar, Haníbal Barca.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fontes primarias Apiano: Historia Romana Biblioteca Clásica Gredos 84 Polibio: Historias Biblioteca Clásica Gredos 38 y 43 Tito Livio: Historia de Roma Libro de Bolsillo Alianza Editorial 1595 1-2

Fontes actuais

Categoría:Historia de Cartaxena Categoría:Militares cartaxineses Categoría:Finados en -221 Categoría:Historia de Tunisia Categoría:Historia antiga de España