miniatura|upright 1.0|Blaberus giganteus As cascudas, tamén chamadas cascudos e carrouchas, son insectos de varias familias da orde Blattodea. O nome 'cascuda' tamén se pode referir a un tipo de maceira.
Etimoloxía Etimoloxicamente, Blattodea deriva do latín blatta, adaptación do grego blapto. O nome científico procede da lingua grega pero latinizada do insecto (grego dórico: βλάττα, blátta; grego ático: βλάττη , blátte).
Especies Existindo desde hai máis de 300 millóns de anos, as cascudas son agora entre unhas 3500 e 5000 especies no mundo, en 6 familias. O nome cascuda tamén pode referirse aos coleópteros de forma xenérica
É un grupo cosmopolita, con algunhas especies (menos do 1%) consideradas como sinantrópicas. Entre as especies máis coñecidas atópanse a cascuda americana, Periplaneta americana, que mide uns 30 milímetros de lonxitude, a cascuda alemá, Blattella germanica, duns 15 milímetros de lonxitude, a asiática, Blattella asahinai, tamén duns 15 milímetros de lonxitude, e a oriental, duns 25 milímetros. As cascudas tropicais adoitan ser moito máis grandes, e os parentes extintos das cascudas son os cascudoides, como o Archmylacris do Carbonífero e o Apthoroblattina do Permiano, que non eran tan grandes como as especies modernas de maior tamaño.
Descricións e hábitat Son insectos ovíparos, hemimetábolos e os seus corpos miden entre 3 e 65 mm. As cascudas viven en lugares quentes e húmidos; hai non obstante algunhas especies semiacuáticas e acuáticas e mesmo algunhas outras que viven nos desertos e cavernas. Destacan pola súa gran resistencia: poden sobrevivir durante nove días sen a cabeza e sobreviven á radioactividade. O corpo das cascudas é ovular e deprimido. O seu tamaño pode variar desde uns poucos milímetros até case 10 centímetros. A cabeza é curta, subtriangular, con ollos compostos grandes e normalmente dúas manchas oculares (ollos únicos). En xeral, son marróns ou negras, pero hai especies de cores. Nas zonas tropicais predomina o marrón avermellado, ademais das cores verde e amarelo.
A forma e o tamaño varían dependendo da especie, pero en xénero podemos dicir que as femias son máis grandes que os machos, pero os machos teñen as ás máis desenvolvidas. A dieta é variada.As cascudas son insectos omnívoros, é dicir, comen calquera cousa, tendo a principal atracción polos doces, os alimentos graxos e de orixe animal. Unha curiosidade é que poden vivir unha semana sen beber auga, até un mes sen comer e varias semanas sen a cabeza. "Poden percibir o perigo por cambios na corrente de aire que os rodea. Teñen pequenos pelos nas costas que actúan como sensores, que lles indican cando correr". Foron un dos poucos seres vivos que sobreviviron ás explosións nucleares de Hiroshima e Nagasaki.
Vectores de patóxenos Entre os principais problemas que as cascudas poden causar aos humanos está o seu papel como vectores mecánicos de diversos patóxenos (bacterias, fungos, protozoos, vermes e virus). As cascudas domésticas son as encargadas de transmitir diversas enfermidades, a través dos seus pés e as feces polos lugares por onde pasan. Por iso son considerados perigosos para a saúde dos seres humanos.
Na cultura popular A canción en castelán La cucaracha (a cascuda) de orixe posibelmente española no século XIX e popularizada en México, foi versonada entre outros por Louis Armstrong, Mr. Bungle, Los Lobos e Gipsy Kings e hai varias lendas sobre ela asociadas a Pancho Villa. A canción en portugués do Brasil A barata é unha das máis exitosas da Galinha Pintadinha. Un dos personaxes do filme de Pixar WALL-E é unha cascuda.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Blatodeos