Asiento de Negros foi un asiento en réxime monopolista da caza de escravos en África e Hispanoamérica e foi concedido a Inglaterra ao final da Guerra de Sucesión Española (1713) como compensación pola vitoria do candidato francés Filipe V de España. Este tratado estipulaba que, anualmente, Inglaterra tiña o dereito de comerciar con 4800 escravos de orixe africana durante un período de trinta anos,Tratado doasiento de negros de 1713. ademais do barco permitido, tamén concedido no Tratado de Utrecht.

Ao remate da guerra da orella de Jenkins, España renovou tanto o dereito a establecerseSosin, Jack M., "Louisburg and the Peace of Aix-la-Chapelle, 1748," The William and Mary Quarterly." Third Series, Vol. 14, Nº. 4 (outubro de 1957): 516-535 como o navío de permiso cos británicos, que fora interrompido durante a guerra.

Polo Tratado hispano-británico de Madrid, asinado entre España e Gran Bretaña en 1750, Gran Bretaña renunciou ao dereito a un asiento de negros e ao navío de permiso a cambio dunha compensación de 100.000 libras esterlinas.

Notas

Categoría:Escravitude Categoría:Historia da economía Categoría:Termos e conceptos de economía Categoría:Historia moderna de España