Dólar de prata do quinto centenariode Cristovo Colón360x360pxA/: Cristovo Colón de corpo enteiro, con estandarte e pergamiño nas mans; un globo terráqueo e ao fondo tres barcos de vela. Data e marcas de ceca e de gravador (JM). Lendas: LIBERTY / COLUMBUS QUINCENTENARY / IN GOD WE TRUSTR/: A nao Santa María navegando cara á dereita e o transbordador espacial Discovery combinados, coa Terra e unha estrela ao fondo. Marca de gravador (TDR). Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM / 1492 - 1992 Valor: 1 dólar. Gravador: John M. Mercanti (anv.) e Thomas D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1992 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia (P) e de Denver (D). Tiraxe: 492.190 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata do quinto centenario de Cristovo Colón é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1992 e cuñada polas Casas da Moeda de Filadelfia e de Denver.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-281, do 13 de maio de 1992,"Public Law 102-281 - MAY 13, 1992. TITLE IV". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas en homenaxe a Cristovo Colón, en conmemoración do seu 500 aniversario da descuberta de América."Christopher Columbus Quincentenary Dollar". United States Mint.
Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.
Deseño
No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint John M. Mercanti, represéntase un retrato de corpo enteiro de Cristovo Colón, cun estandarte na man dereita e un pergamiño na esquerda, xunto a un globo terráqueo situado nun pedestal á súa esquerda; ao fondo, tres barcos de vela. A lenda alusiva ao feito conmemorado é COLUMBUS QUINCENTENARY, completada cos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), característicos das moedas estadounidenses, e a data de emisión da moeda."1 Dollar Columbus Quincentenary". Numista.com
Pola súa banda, o reverso, obra de Thomas D. Rogers, reproduce unha composición da nao Santa María e o transbordador espacial Discovery, coa Terra e unha estrela ao fondo. Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM. A dobre data 1492 - 1992 alude ao mesmo tempo ao quinto centenario conmemorado e ao ano de emisión da moeda.
Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina de catro millóns de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de Filadelfia se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A moeda foi presentada e posta ao dispor do público o día 28 de agosto de 1992.
A súa produción foi de 106.949 moedas na súa condición estándar e 385.241 en versión proof, o que fai un total de 492.190 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1992 Christopher Columbus Quincentenary". United States Mint.
A moeda comercializouse aos prezos de 28 dólares en condición estándar e 31 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados á Christopher Columbus Fellowship Foundation, para o fomento da investigación, o estudo e o traballo dedicado á consecución de novos descubrimentos en beneficio da humanidade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1992 Columbus Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América