Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979

O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.

Preguntas O referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.

Aos escoceses e escocesas preguntóuselles daquela por dúas cuestións: Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés? Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?

Posturas O Partido Laborista, o Partido Nacional Escocés, o Partido Liberal-Demócrata e o Partido Verde de Escocia apoiaban o dobre si. O Partido Conservador apoiaba o dobre non.

Resultados

O resultado foi afirmativo para as dúas preguntas.

Primeira pregunta: a cámara SiSi (%)NonNon (%)Participación (%)1.775.04574,3614.40025,760,4

Segunda pregunta: os impostos

SiSi (%)NonNon (%)Participación (%)1.512.88963,5870.26336,560,4

Resposta do goberno Estes resultados supuñan un claro apoio á restauración da cámara lexislativa en Escocia. Ora ben, con estes mesmos resultados non se obtería tampouco o apoio que esixía a primeira das consultas, que necesitaba un 50% sobre o electorado, e non sobre o voto emitido. Aínda así, os resultados foron moito máis amplos ca en 1979.

Como consecuencia desta resposta popular, o parlamento británico aprobou a Lei de Escocia de 1998, pola que se creaba un parlamento escocés e un goberno escocés.

Véxase tamén

Outros artigos Referendo escocés de 1979 Referendo de independencia de Escocia de 2014

Categoría:Política de Escocia Escocés de 1997