Sophie Michelle Ellis-Bextor é unha cantante inglesa de música pop-dance, no que destacou en 2001, polo seu mega-éxito "Murder On The Dancefloor".
Biografía
A súa música é internacionalmente coñecida en todo o mundo. Antes de dedicarse á música en solitario, en 1997 tivo un grupo de música Pop, Indie e Soft Rock, chamado Theaudience. O grupo sacou tan só un disco, titulado "Theaudience", debutando dentro do Top 40 do Reino Unido, sendo gabado pola crítica musical. Un ano e medio despois, o grupo disolveuse, e Sophie dedicouse durante algún tempo ao mundo da moda, que, pouco tempo despois, abandonou, e decidiu compoñer música. O seu primeiro Hit en solitario foi "Groovejet" (2000) con o DJ italiano Spiller, no que chegou ó #1 en todo o mundo.
Read My Lips
Despois, co multimillonario contrato coa discográfica Polydor Records UK, gravou "Read My Lips", o seu álbum debut publicado en 2001, que vendeu más de 2,000,000 de discos en todo o mundo, chegando ó #2 en UK e vendendo ao redor de 900,000 copias, sendo certificada con triplo disco de Platino. Os tres primeiros singles, "Take Me Home", "Murder On The Dancefloor" e "Get Over You" chegaron ó Top 3 no Reino Unido, pero "Music Gets The Best Of Me", o último single, chegou ó #14 en UK. O disco-debut de Sophie conseguiu 3 Platinos en UK.
Shoot From The Hip
Despois chegou en 2003 "Shoot From The Hip" (Polydor Records UK) un álbum Pop-Indie, que chegou ó Número 19 en UK, sendo considerado como un fracaso comercial. Aínda así, conseguiu un Disco de Ouro, vendendo 100,000 copias no Reino Unido. No resto do mundo, o disco pasou desapercibido. Os seus dous singles chegaron ao Top 10, "Mixed Up World" (#7 UK) e "I Won't Change You" (#9 UK). Existían rumores acerca da publicación dun terceiro single, que posiblemente sería o tema "Party in My Head", pero como quedou embarazada e as vendas do disco non melloraron, decidiron cancelar a promoción do disco.
Trip The Light Fantastic
En Maio de 2007 chegou o seu terceiro álbum, "Trip The Light Fantastic" a través tamén do selo discográfico Polydor, sendo un álbum moi agardado pola crítica musical e polos seus milleiros de fans do mundo enteiro. En febreiro dese mesmo ano saíu o seu primeiro single "Catch You", un tema Disco-Pop, co-escrito con Shelly Polle, creadora do Mega-Hit mundial de Kylie Minogue "Can't Get You Out Of My Head". O single chegou ao #8 no Reino Unido, e vendeu mais de 60,000 copias. No resto do mundo, o tema tivo bastante éxito, chegando ao #3 en Indonesia, e ao Top 40 de Rusia, Italia ou Irlanda.
O disco saiu en maio en todo o mundo, chegando ao #7 no Reino Unido, e tivo unhas vendas aceptables en Europa, chegando ao Top 100 de álbums en Francia, Alemaña ou Irlanda. "Me and My Imagination" foi o segundo single, pero que debido a un fallo en iTunes, entrou tarde nas listas, prexudicando a posición. Finalmente, debutou na #23 posición do Top 75 Singles do Reino Unido, sendo un fracaso. Despois disto, o terceiro single foi "Today The Sun's On Us", unha balada que non tivo aceptación por parte do público pero sí da crítica, que gabou o tema. O single chegou a un pésimo #64 en Reino Unido, sendo o último single publicado de "Trip the Light Fantastic". Moita xente quería que "If You Go" saíse como single, pero a discográfica non fixo caso das peticións, polo que o disco fracasou, vendendo algo máis de 30,000 copias no Reino Unido.
A súa xira foi posposta, debido a que vai facer unha co grupo Take That, con motivo da publicación do disco "Beautiful World".
Greatest Hits
En Marzo de 2008, Polydor publicará o seu primeiro Greatest Hits, que contará co single "On and Off", co-producido co DJ de moda en Inglaterra Calvin Harris.
Os temas do álbum (orden de aparición aínda non confirmado):
GrooveJet (If This Ain't Love) feat. Spiller Take Me Home Murder On The DanceFloor Move This Mountain Get Over You Music Gets The Best Of Me Mixed Up World I Won't Change You Catch You Me and My Imagination Today The Sun's On Us On and Off
Discografía
Álbums
Read My Lips (2001) - #2 UK Shoot From The Hip (2003) - #19 UK Trip The Light Fantastic (2007) - #7 UK. Make a Scene (2011) Wanderlust (2014) Familia (2016) Hana (2023) Perimenopop (2025)
Singles
Groovejet (If This Ain't Love) con Spiller - #1 UK. Take Me Home - #2 UK. Murder On The Dancefloor - #2 UK. Get Over You - #3 UK. Music Gets The Best Of Me - #14 UK. Mixed Up World - #7 UK. I Won't Change You - #9 UK. Circles (Just My Good Time) con Busface - #97 UK. Catch You - #8 UK Me & My Imagination - #23 UK Today The Sun's On Us - #64 UK If I Can't Dance - Cancelado UK
Véxase tamén
Ligazóns externas sophieellisbextor.net Páxina web da cantante
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Músicos do Reino Unido Categoría:Nados en Hounslow