Dirt é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hard rock Alice in Chains. Foi editado o 29 de setembro de 1992 a través do selo Columbia Records. Dirt acadou o número 6 da lista Billboard 200 e foi certificado catro veces platino pola RIAA, sendo o álbum máis vendido da banda ata a data.
Do disco sacáronse cinco sinxelos: "Would?", "Them Bones", "Angry Chair", "Rooster" e "Down in a Hole". As cancións do traballo céntranse na depresión, na ira, nos comportamentos antisociais, no uso das drogas, a guerra ou a morte.
Foi o derradeiro disco da banda gravado polos catro membros orixinais, xa que o baixista Mike Starr foi despedido en xaneiro de 1993 durante a xira de promoción do álbum.Music Bank (notas do álbum). Alice in Chains. Columbia Records. 1990
Listaxe de cancións "Sickman", "Junkhead", "Dirt" e "God Smack" están acreditadas a Cantrell/Staley sen especificar se se trata da música ou da letra. "Rain When I Die" está acreditada a Cantrell/Staley/Kinney/Starr, e posteriormente aclarouse que Cantrell e Staley escribiron a letra.
Notas
Categoría:Álbums de Alice in Chains Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums de Columbia Records