Murray Street é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth. Foi editado a comezos de xuño do 2002 no Xapón, o día 10 en Europa e o en Norteamérica. O disco recibiu moi boas críticas e foi o primeiro con Jim O'Rourke como membro da banda.
Algunhas copias francesas do álbum veñen cun vinilo de 10" azul nunha edición limitada de 500 exemplares . Tiña tres temas exclusivos, sacados de traballos da banda para bandas sonoras, "Derniere Minute Electrifee" na cara A, e "Le Paysage Zim Zum" e "Coca Neon Kamera Sutra" na B.
Membros do grupo de noise/improvisación Borbetomagus aparecen no tema "Radical Adults Lick Godhead Style". Unha das rapazas que aparece na fotografía da portada é Coco Hayley Gordon Moore, a filla de Thurston Moore e Kim Gordon. A outra nena que aparece é unha amiga de Coco chamada Stella. A contraportada ten unha fotografía dun edificio de oficinas situado no cruzamento entre Murray Street e West Broadway, preto da Zona Cero de Manhattan. O estudio de Sonic Youth entre 1996 e 2006, chamado Echo Canyon, estaba situado en Murray Street.
Pitchfork Media situou a Murray Street no número 108 da súa lista dos 200 mellores álbums dos anos 2000.
Lista de cancións
Canción extra da edición xaponesa
Notas
Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de Geffen Records Categoría:Álbums de Interscope Records