Joan-Geraud Dastròs, nado en Jandordís (preto de Sant Clar de Lomanha, en Gascuña) no ano 1594 e finado en 1648, foi un poeta occitano.
A súa obra
Dastròs é o autor de Trimfe de la lengua gascoa ("Triunfo da lingua gascona", 1642), un poema escrito en versos octosílabos e publicado en Tolosa por J. Bondò. É unha escola de dúas obras en verso. En primeiro lugar, o «Trimfe», que é un debate entre as estacións do ano, no que cada unha defende o seu valor sobre as demais. En segundo lugar, o «Plaidejat deus elements», onde lles toca a vez do debate ao lume, ao aire, á auga e á terra.
O poeta sempre se considerou defensor da lingua gascoa (dialecto do occitano, lingua naquela altura fragmentada e sen que os seus falantes tivesen clara conciencia de unidade). Dastròs deféndea vigorosamente contra aqueles que senten vergoña dela: «Torna, torna, fray, e demòra; / N'ajas honta d'augir ton fray / Parlar la lengua de ta may» (Regresa, regresa, irmán, e detente; / Non teñas vergoña de ouvir o teu irmán / Falar a lingua da túa mai).
Fragmentos
Que la Terra non m'faiche tròp,
Ja l'ai negada un aute còp.Que lo Hoèc tròp non m'arrodòle,Jo m'estoni qu'eth non tremòle,E non se bremba pas benlèuDeus destuperis que j'òu heu.Mes parle Hoèc, e parle Terra,Me hassa l'Aire mala guerra,Jo vòli que lor libertatLor hassa veser la vertat,E voi sur eths, l'ora presenta,Trimfar per rason non per crenta.
«Plaidejat de l'Aiga», dentro do «Plaidejat deus Elements»
Véxase tamén Bibliografía Thiolier-Méjean, S. Lou Trimfe de la lengouo gascouo (1980). Michelet, J.; Bouquet, T. Poètes gascons du Gers depuis le XVIe siècle jusqu'à nos jours (1904).
Categoría:escritores en lingua occitana Categoría:Nados en Gascuña Categoría:Nados en 1594 Categoría:Finados en 1648