Esta é unha lista de elementos químicos cuxo nome procede dunha persoa. O símbolo químico e o número atómico danse entre parénteses.

Bohrio (Bh, 107) – Niels Bohr Curio (Cm, 96) – Pierre e Marie Curie Einsteinio (Es, 99) – Albert Einstein Fermio (Fm, 100) – Enrico Fermi Galio (Ga, 31) – aínda que en principio bautizado polo nome da Gallia (a palabra latina para Francia), o descubridor do metal Lecoq de Boisbaudran sutilmente inseriu unha asociación co seu propio nome, pois Lecoq ("galo") en latín dicíase gallus. Gadolinio (Gd, 64) – Johan Gadolin Laurencio (Lr, 103) – Ernest Lawrence Meitnerio (Mt, 109) – Lise Meitner Mendelevio (Md, 101) – Dmitri Mendeleev Nobelio (No, 102) – Alfred Nobel Oganesson (Og, 118) – Yuri Oganessian Roentgenio (Rg, 111) – Wilhelm Roentgen Rutherfordio (Rf, 104) – Ernest Rutherford Seaborgio (Sg, 106) – Glenn T. Seaborg

Con nome de personalidades míticas Niobio (Nb, 41) – Níobe, unha muller mortal na mitoloxía grega Promecio (Pm, 61) – Prometeo, un titán na mitoloxía grega Tántalo (Ta, 73) – Tántalo, da mitoloxía grega Torio (Th, 90) – Thor, o deus grego do raio Titanio (Ti, 22) – polos titáns na mitoloxía grega Vanadio (V, 23) – deusa escandinava Vanadis (Freyja)

Moitos elementos químicos nomeáronse por corpos celestes que procenden de deuses da mitoloxía grega ou romana.

Nota : Gadolinio (Gd, 64) nomeouse segundo o mineral gadolinita, que á súa vez tiña o seu nome en honor ó químico e xeólogo finlandés Johan Gadolin. Samario (Sm, 62) nomeouse segundo o mineral samarskite, que á súa vez tiña o seu nome en honor a Vasili Samarsky-Bykhovets, un oficial ruso.

Categoría:Elementos químicos Categoría:Etimoloxía