José Antonio Fernández Muro, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 2014, foi un pintor español.

Traxectoria

En 1938 xunto á súa familia marchou á Arxentina. Estudou no taller do pintor catalán Vicente Puig. Fixo a súa primeira exposición na galería Witcomb en 1944 e en 1948 expuxo na Galería Buchholz de Madrid. Formou parte do Grupo Artistas Modernos, creado por Aldo Pellegrini, e expuxo en Buenos Aires, Ámsterdam, Río de Janeiro e Santiago de Chile. Foi responsable con Luís Seoane da revista Galicia Emigrante en 1954. En 1958 obtivo unha bolsa da UNESCO para estudar Museoloxía na escola do Louvre e asistir a un curso de arte contemporánea impartido por Pierre Francastel na Sorbona. Entre 1962 e 1969 viviu en Nova York onde asimilou as influenzas do graffiti, a palabra escrita e o Pop. En 1970 trasladouse a España, onde viviu ata a súa morte.

Pintura Modificou a súa técnica e estilo continuamente, a súa arte abstracta pasou do impresionismo ao puramente matemático. Recibiu a influencia do neo-expresionismo do movemento Die Brüke e, a partir de mediados do século XX, comezou a experimentar co construtivismo.

A súa obra está nas coleccións do Museo Español de Arte Contemporánea, Museo Nacional de Belas Artes (Buenos Aires), Stedelijk Museum (Ámsterdam), Museum of Modern Art (MoMA), Solomon R. Guggenheim Museum (Nova York), Museo de Bellas Artes (Caracas), Museo de Arte Abstracto Español (Cuenca) ARCO Art Collection (Los Ángeles), Metropolitan Museum (Miami) e Blanton Museum of Art (Austin, Texas).

Recoñecementos Medalla de Ouro de Pintura na Feira de Bruxelas, 1958.

Premio Guggenheim, 1960

Véxase tamén Ligazóns externas

José Antonio Fernández Muro José Antonio Fernández-Muro José Antonio Fernández Muro. Premio Konex 1982: Pintura no Figurativa

Categoría:Pintores do século XX Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Madrid

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2014