Rafael Piñeiro Alonso, nado en Valencia en 1949, é un policía cubano-estadounidense de ascendencia galega. É o comisionado adxunto do Departamento de Policía de Nova York (NYPD).

Traxectoria Fillo dun coruñés e unha cubana, naceu en Valencia en 1949. Aos 6 meses emigrou coa súa familia a Cuba, onde se criou ata os 12 anos, antes de que a familia se instalase nos Estados Unidos. Despois de graduarse no New York Institute of Technology cunha licenciatura en Ciencias da Conduta, ingresou na Policía de Nova York en xuño de 1970, tras graduarse como o número 1 da súa clase da Academia de Policía de Nova York e de recibir o Premio do Xefe de Persoal por ter as puntuacións académicas e físicas máis altas.

Foi ascendendo durante os seguintes anos e no 2002 foi nomeado Xefe de Persoal da Policía de Nova York. En 2010 ascendeu a Comisionado Adxunto, o segundo rango máis alto da policía neoiorquina. Tralas eleccións á alcaldía de Nova York de 2013, gañadas por Bill de Blasio, foi un dos candidatos para suceder a Ray Kelly como comisario da policía de Nova York, posto que finalmente foi para William Bratton.

Notas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Personalidades de Valencia Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia cubana Categoría:Policías dos Estados Unidos de América