A Arrotea é un lugar da parroquia de Amorín, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 332 habitantes (186 homes e 146 mulleres). Fai beira co río Miño. Neste lugar está situada a igrexa parroquial e o castelo, do que só fican ruínas.

As areeiras de Amorín son un embarcadoiro fluvial así denominado porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, hoxe xa caeu en desuso. Aquí, os pescadores do Miño, concentran unha pequena frota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan sables, lampreas, salmóns, meixóns e demais especies do río.

Lugares e parroquias Lugares de Amorín

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Lugares de Tomiño