1850 (MDCCCL) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Foi o ano 1850 da era común e do anno Domini, o ano 850 do segundo milenio, o ano 50 do século XIX e o primeiro ano da década de 1850.

Acontecementos 1 de xaneiro: Establécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo.

Arte e literatura

28 de agosto - Estrea no Großherzogliches Hoftheaterde Weimar da ópera de Richard Wagner Lohengrin. 16 de novembro - Estrea no Teatro Grande de Trieste da ópera de Giuseppe Verdi Stiffelio. Iván Aivazovsky pinta A novena onda. William-Adolphe Bouguereau pinta Dante e Virxilio.

Nacementos

14 de xaneiro - Pierre Loti, militar e escritor francés (m. 1923). 15 de xaneiro Sofia Kovalewska, matemática rusa (m. 1891). Mihai Eminescu, poeta romanés (m. 1889). 19 de xaneiro - Augustine Birrell, escritor e político inglés (m. 1933). 20 de xaneiro - Bernardo Barreiro, historiador, xornalista e poeta galego (m. 1904). 25 de xaneiro - Víctor García Casares, xornalista e escritor galego (m. 1889). 27 de xaneiro - Edward John Smith, capitán de barco inglés (m. 1912). 7 de febreiro - Eduardo Mosquera Montes, avogado e escritor galego (m. 1887). 8 de febreiro - Kate Chopin, escritora estadounidense (m. 1904). 12 de febreiro - William Morris Davis, xeógrafo estadounidense (m. 1934). 20 de febreiro - Wilhelm Braune, lingüista alemán (m. 1926). 7 de marzo - Tomáš Masaryk, presidente de Checoslovaquia (m. 1948). 10 de marzo - Manuel Insua Santos, militar galego (m. 1940). 26 de marzo - Edward Bellamy, escritor estadounidense (m. 1898). 1 de abril - Carlos María Cortezo Prieto, médico e político español (m. 1933). 21 de maio - Giuseppe Mercalli, sismólogo e vulcanólogo italiano (m. 1914). 26 de maio - Amélie Helga Lundhal, pintora finesa (m. 1914). 6 de xuño - Karl Ferdinand Braun, físico alemán, premio Nobel de Física en 1909 (m. 1918). 12 de xuño - Georges Demenÿ, fotógrafo e inventor francés (m. 1917). 21 de xuño Daniel Carter Beard, ilustrador e reformador social norteamericano (m. 1941). Enrico Cecchetti, bailarín, coreógrafo e mestre de ballet italiano (m. 1928). 27 de xullo - Salvador Golpe, xornalista, ensaísta, poeta e político galego (m. 1909). 28 de xullo - Renato Ulloa, escritor e xornalista galego (m. 1923). 5 de agosto - Guy de Maupassant, escritor francés (m. 1893) 6 de agosto - Patricio Delgado Luaces (Xan de Masma), escritor galego (m. 1900). 13 de agosto - José Sellier, fotógrafo galego (m. 1922). 20 de agosto - Felipe Sánchez Román, avogado e político español (m. 1916). 25 de agosto - Charles Robert Richet, médico francés, premio Nobel de Medicina en 1913 (m. 1935). 8 de outubro - Henry Le Chatelier, químico francés (m. 1936). 9 de outubro - Hermann von Ihering, médico, zoólogo e paleontólogo alemán/brasileiro (m. 1930). 14 de outubro - Eduardo Iglesias Añino, avogado e político galego (m. 1916). 18 de outubro - Pablo Iglesias Posse impulsor do movemento socialista español, en Ferrol (m. 1925). 9 de novembro - Ignacio Bolívar y Urrutia, naturalista e entomólogo hispano-mexicano (m. 1944). 12 de novembro - Mikhail Chigorin, xadrecista ruso (m. 1908). 13 de novembro - Robert Louis Stevenson, novelista británico (m. 1894). 20 de novembro - Alfredo Vicenti, xornalista, médico e poeta galego (m. 1916). 25 de novembro - Eduard Sievers, lingüista alemán (m. 1932). 21 de decembro - Lluís Domènech, político e arquitecto catalán (m. 1923). 22 de decembro - Victoriano Huerta, militar, presidente de México (m. 1916). Eduardo Álvarez Pertierra, médico e poeta galego (m. 1878). Avelino Barbeito, tipógrafo e poeta galego (m. 1914). Ángel García Valerio - avogado e político galego (m. 1935). José Millán Astray, avogado, político e xornalista galego (m. 1923).

Mortes 2 de xaneiro - Manuel de la Peña y Peña, expresidente de México. 3 de marzo - Oliver Cowdery, mormón estadounidense (n. 1806). 26 de marzo - Leopoldo Martínez Padín, historiador, xornalista e poeta galego (n. 1823). 16 de abril - Marie Tussaud, artista francesa (n. 1761). 23 de abril - William Wordsworth, poeta inglés (n. 1770). 9 de maio - Louis Joseph Gay-Lussac, químico e físico francés (n. 1778). 10 de maio - Louis Joseph Gay-Lussac, químico e físico francés (n. 1788) 2 de xullo - Robert Peel, primeiro ministro británico (n. 1778) 6 de xullo - Francisco Cea Bermúdez, político español (n. 1779). 9 de xullo - Zachary Taylor, presidente dos Estados Unidos (n. 1784) 9 de xullo - Jean Pierre Boyer, presidente do Haití (n. 1776). 21 de xullo - José María de Orbe y Elío, militar e político vasco (n. 1776). 22 de xullo - Vicente López Portaña, pintor español (n. 1772). 3 de agosto - Rafael de Vélez, frade e prelado español (n. 1777). 17 de agosto - Xeneral José de San Martín, Libertador da Arxentina, Chile e Perú (n. 1778) 18 de agosto - Honoré de Balzac, novelista francés (n. 1799). 26 de agosto - Lois Filipe I, Rei dos franceses (n. 1773). 23 de setembro - José Gervasio Artigas, líder da independencia do Uruguai (n. 1764). 19 e novembro - Richard Mentor Johnson, político estadounidense (n. 1780). 24 de decembro - Frédéric Bastiat, economista francés (n. 1801).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1850