A economía de Moldova, tradicionalmente agrícola, comezou despois da caída da Unión Soviética en 1991, do mesmo xeito que a maioría dos territorios ex-soviéticos, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentaria (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa. O país é un dos países máis pobres da Europa, a pesar do recente crecemento da súa pequena economía.
A agricultura emprega máis de 1/3 da súa forza de traballo. Sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso por mor da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Actualmente, un 40% da poboación activa da República de Moldova aínda se dedica á agricultura.
A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandaría é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.
miniatura|left|250px|PIB por sectores de Moldova
Existe en Moldova petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.
Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldova coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.
Moldova mantén unha actividade comercial relativamente elevada con outros países europeos como Rusia, Ucraína, Italia, Alemaña ou Romanía.
Importacións e exportacións Exportacións a Importacións de País Porcentaxe País Porcentaxe 32.9 % 20.9 % 12.7 % 15.1 % 9.5 % 13.1 % 6.7 % 8.3 % 4.5 % 6.6 % Outros 33.7 % Outros 36 %
Notas