Xamaica é o maior produtor mundial de bauxita (mineral de aluminio). Ademais da minería, outras actividades económicas importantes son o turismo e a agricultura tropical, grazas ó seu clima. O comercio e os servizos, incluíndose o turismo, responden polo 60% do PIB.
O país ten serios problemas de longo prazo: taxas de intereses altas, crecemento da competencia internacional, taxa de cambio inestábel, alto desemprego e subemprego, gran déficit comercial, e unha gran débeda externa para o tamaño da súa economía. Despois dunha estratexia do goberno, a débeda pública caeu a un 133% do PIB en 2004. A inflación reduciuse ó 5,8% en 2006. Pero o alto desemprego persistente fai tamén crecer a violencia do crime organizado movida polo tráfico de drogas.
Notas
Xamaica Categoría:Xamaica