Na mitoloxía grega, Telamón (en grego Τελαμών), fillo de Éaco, rei de Exina, e Endeis, irmán de Peleu, acompañou a Xasón como un dos seus argonautas e estivo presente na caza do Xabaril de Calidón. Tamén participou na Guerra de Troia no bando dos gregos, xunto con seu fillo, Áiax.
Foi pai de Áiax, coa súa primeira dona, Peribea, e de Teucro, con Hesíone, prisioneira e concubina troiana. miniatura|Telamón da igrexa de Santa María de Mourente. Outros usos Chámase telamón á columna ou piar en forma de home forzudo, case sempre con barba, que sostén sobre os seus ombreiros e caluga o peso simbólico dos capiteis dun edificio. Tamén é coñecido como atlante e é a versión masculina da cariátide.
Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga