«Ojalá» é unha canción do cantautor cubano Silvio Rodríguez.
Comeza cun arpexio agudo característico que a identifica desde os primeiros segundos. A contraposición de elementos positivos (Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan / para que no las puedas convertir en cristal) e negativos (Ojalá pase algo que te borre de pronto / una luz cegadora / un disparo de nieve / ojalá por lo menos que me lleve la muerte) foi causa de debates sobre o seu significado. Porén, o autor ten sinalado que se trata dunha canción de amor.
Malia a canción ser composta en 1969, non foi publicada até 1978 no álbum Al final de este viaje.
Historia Nunha entrevista, Silvio Rodríguez comentou:
Emilia Sánchez, profesora xubilada de Filoloxía na Universidade de Camagüey, inspirou outras cancións de Silvio Rodríguez: «Emilia», «Te doy una canción» e «Josah es la que pinta».
Outras versións Esta canción for versionada, entre outros, por:
Gloria Simonetti Afasto Stivel Sonia Silvestre Los Sultanes Willy Rodríguez, vocalista da banda portorriqueña de reggae Cultura Profética. La M.O.D.A (EP Ojalá, 2016) Florcita Motuda (Florcita Motuda, 1977) Ismael Serrano Tania Libertad Nahuel Pennisi Antílopez Magdalena Cullen
Notas
Ligazóns externas
Zurrón do Aprendiz Sitio propio de Silvio Rodríguez
Categoría:Cancións de 1969