A final da Copa do Rei de fútbol 1994/95 foi a 93ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio Santiago Bernabéu de Madrid o 24 de xuño de 1995 entre o Deportivo da Coruña e o Valencia. O partido foi suspendido a falta de 11 minutos pola forte choiva e sarabia caída na capital española e retomouse tres días despois, o 27 de xuño de 1995. Saíu vencedor o Deportivo da Coruña, por 2–1, conquistando así o seu primeiro título.

Antecedentes Foi a primeira final de Copa do Rei para o Deportivo da Coruña, que ata entón só chegara ata as semifinais (nas edicións de 1988/89 e 1991/92). Para o Valencia foi a 14ª final, 16 anos despois da última, a que conquistara contra o Real Madrid en 1979 no Vicente Calderón. No campionato de liga, finalizado unha semana antes, o Deportivo viña de proclamarse subcampión, mentres que o Valencia acabara décimo.

Camiño á final Deportivo da CoruñaRolda ValenciaRival Resultado globalPartidosRival Resultado globalPartidos Lleida 7–1 0-3 fóra; 4-1 na casa Oitavos de final Real Madrid 4–2 1-2 fóra; 2-1 na casa Athletic de Bilbao 3–0 3-0 na casa; 0–0 fóra Cuartos de final Mallorca 4–1 1-0 fóra; 4-0 na casa Sporting de Gijón 2–1 0-2 fóra; 0-1 na casa Semifinais Albacete 3–2 1-1 casa; 2-1 fóra

A final

Resumo do partido O encontro comezou de xeito intenso, con ocasións para ambos equipos. No minuto 35 Manjarín rouboulle un balón a Fernando Giner na beira da área e anotou o primeiro gol para o Deportivo. Choveu lixeiramente durante toda a primeira parte, pero a chuvia aumentou de intensidade na segunda, o que propiciou numerosas caídas dos futbolistas e que o balón se desprazase con dificultade. No minuto 70 Mijatović colocou o empate no marcador cun saque de falta que entrou polo lado dereito da portería de Liaño.

A partir de entón a chuvia intensificouse aínda máis e comezou tamén a sarabiar, polo que a falta de 11 minutos para o final, o árbitro García-Aranda decretou a suspensión do partido e tanto el como os xogadores correron ao túnel de vestiarios. A choiva inundou diversas partes do estadio e nunha reunión entre os presidentes de ambos clubs, Augusto César Lendoiro e Fernando Roig, co presidente da RFEF, Ángel María Villar, decidiuse o adiamento do partido. A final podería retomarse ao día seguinte, pero decidiuse adiala tres días, para que os afeccionados de ambos equipos puidesen regresar aos seus fogares e volver a Madrid tres días despois.

A final retomouse o día 27 e aos dous minutos Alfredo recolleu co peito un centro de Manjarín e superou cunha cabezada ao gardameta Andoni Zubizarreta, poñendo o 2-1 definitivo.

Detalles do partido

Deportivo da Coruña: PO 1 LiañoDF 7 López Rekarte DF 2 Voro DF 5 Đukić DF 4 Ribera DF 3 Nando CC 8 Aldana CC 6 Donato CC 10 Fran (c)DI 9 Manjarín DI 11 Bebeto Suplentes:CC 12 Villarroya PO 13 Canales CC 14 Alfredo DI 15 Claudio DI 16 Salinas Adestrador: Arsenio Iglesias

Valencia CF: PO 1 ZubizarretaDF 2 Mendieta DF 5 Fernando Giner DF 4 CamarasaDF 3 Juan Carlos CC 11 Poyatos CC 6 MazinhoCC 10 Fernando GómezCC 7 Robert Fernández DI 8 MijatovićDI 9 Penev (c)Suplentes:DF 12 Serer PO 13 Sempere CC 14 Engonga CC 15 Carlos Arroyo DI 16 Pepe Gálvez Adestrador: José Manuel Rielo

REGRAS DO PARTIDO

90 minutos. 30 minutos de prórroga se fose necesario. Quenda de penaltis se o marcador seguise igualado. Cinco suplentes no banco. Máximo de dúas substitucións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Datos da final en rsssf.com . Datos da final en linguasport.com .

Categoría:Partidos do Deportivo da Coruña Categoría:Partidos do Valencia CF Categoría:Fútbol en 1995 1994