300 é un filme épico estadounidense dirixido por Zack Snyder que se estreou en 2007. Baséase na novela gráfica 300 de Frank Miller e Lynn Varley. A historia é unha adaptación fantasiosa da batalla das Termópilas. Foi rodado en gran parte mediante a técnica do croma para axudar a recrear a imaxenería da novela gráfica orixinal.
O argumento conta a historia do rei Leónidas I (Gerard Butler), que lidera a 300 soldados espartanos nunha batalla contra o "rei-deus" persa Xerxes (Rodrigo Santoro) e o seu enorme exército de 300 000 soldados. Como a vitoria é imposible, a Raíña Gorgo (Lena Headey) tenta conseguir o apoio de Esparta para o seu marido. A historia é contada pola voz narrativa do soldado Dilios (David Wenham). ó longo do filme, son introducidas varias criaturas fantásticas, situando a 300 dentro do xénero de fantasía histórica.
300 estreouse nos Estados Unidos nos cinemas convencionais e IMAX o 9 de marzo de 2007, e en DVD, Blu-ray, e HD DVD o 31 de xullo de 2007. O filme recibiu críticas diversas, sendo aclamado polo seu estilo e orixinalidade, mais foi criticado polo uso excesivo de efectos visuais e pola controvertida representación dos persas. Porén, o filme foi un éxito de recadación, gañando $450 millóns, cunha das mellores acollidas na estrea en toda a historia do cine.
Estreouse en galego na Televisión de Galicia o 21 de abril de 2010.
Sinopse O filme comeza contando a infancia do rei Leónidas I, aos sete anos, comeza o seu adestramento como espartano. Unha vez Leónidas xa é rei de Esparta chega un día un mensaxeiro persa comunícalle o desexo de Xerxes I en dominar a rexión, pero que podía someter voluntariamente o seu pobo e seguir sendo rei. Leónidas, ofendido por semellante feito, mata toda a comitiva persa e decide comezar enfrontarse a Xerxes. Porén, como Esparta estaba a celebrar a festa relixiosa da Carneia, Leónidas non pode entrar en guerra, polo que reúne 300 guerreiros como a súa garda persoal e marcha ao encontro dos invasores persas.
Personaxes Gerard Butler como Leónidas I, Rei de Esparta. Lena Headey como Gorgo, Raíña de Esparta. Giovani Cimmino como Pleistarco, fillo de Leónidas e Gorgo. Dominic West como Theron, un político corrupto (ficticio) espartano. David Wenham como Dilios, Narrador e soldado espartano. Vincent Regan como capitán Artemis. Tom Wisdom como Astinos, fillo máis vello de Artemis. Andrew Pleavin como Daxos, o líder arcadio que loita xunto a Leónidas. Andrew Tiernan como Efialtes. Rodrigo Santoro como Xerxes I, Rei de Persia. Stephen McHattie como un político espartano. Michael Fassbender as Stelios, un xove soldado espartano. Peter Mensah como o mensaxeiro persa. Kelly Craig como Pythia, a oráculo dos éforos. Tyler Neitzel como xove Leónidas. Robert Maillet como Uber Immortal (xigante). Patrick Sabongui como o xeneral persa. Leon Laderach como Executador.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 300 (novela gráfica) Batalla das Termópilas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Zack Snyder Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes rodados en Bulgaria Categoría:Filmes ambientados na Grecia antiga Categoría:Filmes ambientados no século -V Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego