Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego, presidente da Real Academia Galega.
Traxectoria Era fillo dun procurador de tribunais. Entre 1925 e 1931 estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa de estudante destacou non só no académico, tamén pola activa militancia na Federación Universitaria Escolar (FUE), da que foi presidente, organización que tivo un importante papel democrático durante a ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República Española. Nesta etapa coincidiu con Rafael Dieste, Carlos Maside, Ánxel Fole, Jesús Bal y Gay, e Luís Seoane entre outros.
As súas aptitudes levárono a integrar o cadro de profesores e investigadores da Facultade de Medicina. Ao rematar a súa formación, obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura e ampliou estudos en Suíza e Alemaña. No país xermano familiarizouse co pensamento de Max Scheler e Martin Heidegger, entre outros. Tamén tomou contacto coa escola médica de Heidelberg, que introduce como principal achega o valor do doente na Patoloxía. Esta iniciación filosófica derivará nun pulo humanizador da medicina que o acompañará ao longo da súa vida intelectual e profesional.
No Hospital da Charité de Berlín traballou xunto a Gustav von Bergmann, interesado pola patoloxía funcional. Posteriormente ingresou no Instituto Pasteur de París, para investigar no campo da bacterioloxía con Amadée Guy. En Madrid traballou co catedrático Gustavo Pittaluga Fattorini no Servizo de Hematoloxía.
En 1932 defendeu a súa tese de doutoramento El metabolismo intermediario en la obesidad na Universidade Central (actual Complutense de Madrid). Foi dirixido por Carlos Jiménez Díaz e foi recoñecido co Premio Extraordinario de Doutoramento. miniatura|250px|Fernando Barros Pumariño, Valle-Inclán e García-Sabell en Compostela en 1935. De regreso a Compostela, fixo amizade con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Roberto Nóvoa Santos, Miguel de Unamuno, Ramón María del Valle-Inclán, Gonzalo Torrente Ballester e Ramón Otero Pedrayo, de quen foi médico. Neste contexto vital e intelectual xermolaron os seus grandes compromisos co humanismo e a visión antropolóxica da medicina, de Galicia e do mundo da cultura.
En 1936 afiliouse ó Partido Galeguista, polo que ó comezar a Guerra civil española foi internado un tempo no campo de concentración da Lavacolla. Trala guerra foi depurado e tivo que dedicarse á medicina privada. Contactou co galeguismo cultural e en 1950 converteuse en director da Editorial Galaxia xunto a Ramón Piñeiro. Foi elixido membro da Real Academia Galega a proposta de Ramón Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco e Leandro Carré Alvarellos. Leu o discurso de entrada o 20 de xuño de 1959, co título Análisis eisistencial do home galego enfermo, respondido polo propio Otero. Presidiu a Real Academia Galega entre 1979 e 1997. Amais, traduciu ó galego a Martin Heidegger e mais a James Joyce.
Nas eleccións xerais de España de 1977 resultou elixido senador por designación real. Foi Delegado do Goberno en Galicia de 1981 a 1996, xa que presentou a súa dimisión dous días antes de converterse José María Aznar en presidente do goberno.
O 13 de maio de 2014 Siro López Lorenzo, Siro, criticou o esquecemento de García-Sabell pola RAG, e reclamou que se lle dedicase un Día das Letras Galegas.Unha homenaxe a García-Sabell, en Siro López, La Voz de Galicia, 13 de maio de 2024.
Vida persoal miniatura|esquerda|Panteón coa tumba de Domingo García Sabell Casou con Elena Tormo López o 12 de outubro de 1939 e foron pais de Teresa e Elena García-Sabell Tormo. Está enterrado no cemiterio de Boisaca, en Compostela..
Obras miniatura|Nº 1 de Grial. Luis Seoane (Vigo, 1954). Ensaios I (1963), Editorial Galaxia.Inclúe os ensaios "Análise existencial do home galego enfermo", "James Joyce e a loita pola comunicación total", "Notas sobre a fame galega" e "Van Gogh e a dimensión antropolóxica da Pintura Contemporánea". Luis Seoane. Grabados (1965), Editorial Galaxia.Luis Seoane. Grabados en Google Books. Notas para una antropología del hombre gallego (1966). Tres síntomas de Europa: Joyce, Van Gogh y Sartre (Revista de Occidente, 1968). A pintura como comunicación (1971). Ensaios II (1976), Editorial Galaxia."As facianas do erotismo contemporáneo", "Pintura e conocimiento", "A realidade humana de Rosalía" e "Castelao, ou Galiza ao axexo". Testimonio personal (Madrid, 1971). Roberto Nóvoa Santos (1981). Carta ao pintor Luis Seoane (Sada, 1983). A Coruña: onde nace a luz (Vigo, 1989). Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios (Vigo, 1991). Cen relembros (A Coruña, 1993). Libro dos comentos (1996). Os gromos do pensamento (1996). Tempo de lecer (Vigo, 1998). Paseata arredor da morte (1999). Galaxia. 160 páxs. Reeditado en 2022, 174 páxs. ISBN 978-84-9151-781-8. miniatura|La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Piñeiro, García-Sabell, Lois Tobío, Rof, Elías de Tejada, Alonso Montero, Manuel Vidán e Fernández del Riego. Colectivas
"Rosalía y su sombra", en 7 ensayos sobre Rosalía (Galaxia, 1952)
"La Saudade por dentro", en La Saudade (Galaxia, 1953)
Traducións
Recoñecementos Premio Vitalicio da Fundación Barrié, 1996. Premio das Artes e das Letras de Galicia, 1998. Premio Fernández Latorre de Xornalismo. Gran Cruz da orde do mérito civil. Gran Cruz do mérito militar. En 1997 foi investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña. En 2026 a súa filla Teresa García-Sabell e Siro López publicaron Domingo García-Sabell. A voz e a palabra (2026). Vigo: Galaxia. ISBN 9788411765923.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Marcelino "Domingo García-Sabell Rivas" Diccionario Biográfico Español. Real Academia da Historia .
Ligazóns externas "Domingo García-Sabell Rivas" Colegio Libre de Eméritos . Obras de García-Sabell, Domingo, 1909-2003 (2) Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes .
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Presidentes da Real Academia Galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Delegados do goberno en Galicia Categoría:Senadores de Galicia por designación real Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade da Coruña Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Editorial Galaxia