Sócrates Gómez Pérez, nado en Vigo o 27 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1989, foi un xornalista e político galego, histórico militante do PSOE, activo en Madrid.

Traxectoria Fillo do histórico dirixente socialista José Gómez Osorio, a súa vida política comezou nas Juventudes Socialistas aos 14 anos. En 1930 entrou no PSOE e na UGT. En 1931 formou parte da redacción de El Socialista. Dirixiu máis tarde La Correspondencia de Valencia e La Voz del Combatiente, órgano do Exército Republicano, do que foi oficial. Foi membro do Comité Nacional do PSOE e Presidente da Federación Nacional das JJSS. Foi secretario do Ministerio de la Gobernación entre setembro do 1936 a xaneiro de 1937 e concelleiro en Madrid (1938). Foi procesado varias veces durante e despois da Guerra Civil española. Ao rematar a guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera. De alía pasou ao cárcere de Orihuela o 25 de abril de 1939, e o 10 de maio foi enviado a Madrid.Presos en el campo de concentración de Albaterra Entre 1962 e 1971 viviu en Londres.

Despois da fin do réxime franquista foi deputado no Congreso dos Deputados (1977-1978), concelleiro en Coslada (1979-1983), deputado da Asemblea de Madrid (1983-1989) e senador por designación autonómica da Asemblea de Madrid (1983-1987).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Ficha no Senado

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Senadores por designación da Asemblea de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados da Asemblea de Madrid polo PSOE Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes