Twelve Small Steps, One Giant Disappointment é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Bad Astronaut, publicado o 14 de novembro de 2006 a través do selo Fat Wreck Chords. Debido á morte do batería Derrick Plourde trátase do derradeiro álbum de Bad Astronaut. Tamén é o único lanzamento do grupo no que todo o material é orixinal.
O tema "Violet" foi lanzado por Joey Cape como un tema acústico en solitario no seu EP compartido co cantante de No Use for a Name Tony Sly. "Minus" tamén fora editada anteriormente como un tema en solitario de Cape no recompilatorio de Fat Wreck Chords PROTECT: A Benefit for the National Association to Protect Children.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bad Astronaut Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums producidos por Joey Cape Categoría:Álbums de Fat Wreck Chords