O Parque Nacional das Montañas do Tumucumaque (en ) é un parque nacional do Brasil que se atopa na selva amazónica dos estados de Amapá e Pará. Limita polo norte coa Güiana Francesa e Suriname.
Historia Tumucumaque foi declarado parque nacional o 23 de agosto de 2002 polo Goberno do Brasil, despois de colaborar co Fondo Mundial para a Natureza. Forma parte do Corredor de Biodiversidade de Amapá, creado en 2003. A unidade de conservación é mantida polo Programa Áreas Protexidas da Amazonia. O seu Plan de Ordenación publicouse o 10 de marzo de 2010.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Parques nacionais do Brasil Categoría:Áreas protexidas establecidas en 2002