Álvaro Novas Rodríguez, nado en San Clodio (Ribas de Sil) cara a 1897 e finado no mesmo concello o 13 de xullo de 1937, foi un político socialista galego.
Traxectoria
Veciño de Pumares (San Clodio). Militante do PSOE. Na República foi recadador municipal de Quiroga e depositario dos fondos municipais do Concello de Quiroga. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos,BOP Lugo, 23-10-1934, p. 4. e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Eduardo Amador Corzo.BOE, 8-12-1934 Foi detido na Rúa a mediados de outubro con Miguel Álvarez Domínguez, Domingo Yáñez Losada, Modesto Álvarez Vázquez e Marcelino Fernández Prada.El Pueblo Gallego, 16-10-1934, p. 12.El Ideal Gallego, 16-10-1934, p. 4. Estivo expatriado en Francia con Marcelino Fernández Prada até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, sendo recibidos e homenaxeados en San Clodio de Ribas de Sil a finais de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi asasinado na adega de Juana Longa de Pumares en San Clodio de Ribas de Sil o 13 de xullo de 1937. Incoáronlle causa militar ás forzas de orde pública pola súa morte.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1937