O Sukhoi Su-25 (designación OTAN: Frogfoot) é un avión de combate terrestre, de apoio aéreo próximo e contracarro deseñado pola Unión Soviética. Permanece en servizo en Rusia e a CEI, e foi exportado a varios países. O seu primeiro prototipo realizou o seu primeiro voo o 22 de febreiro de 1975 e despois das probas entrou en produción en 1978 en Tbilisi. As forzas aéreas e terrestres rusas alcumárono "Grach" ("Gralla").
Categoría:Aeronaves militares de Rusia Categoría:Aeronaves militares de Xeorxia