Brutus é unha banda de post-hardcore belga do Brabante Flamengo. O grupo fundouse no ano 2013 e está formado por Stefanie Mannaerts (batería e voz), Peter Mulders (baixo) e Stijn Vanhoegaerden (guitarra).

Os seus membros coñecíanse de tocar noutras bandas. Stefanie e Peter tocaban en Refused Party Program, unha banda tributo a Refused, mentres que Stijn e Stefanie estaban na banda Starfucker.

En 2014 e 2015, Brutus tocou en varios festivais, como o Pukkelpop, o Rock Herk e o Dour Festival. En 2016 a banda viaxou a Vancouver para gravar o seu álbum de estrea coa axuda de Jesse Gander. Burst foi editado por Hassle Records (Europa) e Sargent House (no resto do mundo). O seu segundo álbum, Nest, apareceu no ano 2019. O 20 de outubro de 2020 Brutus lanzou o álbum ao vivo Live in Ghent, gravado o 29 de maio de 2019.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloBurst2017Hassle RecordsNest2019Hassle RecordsLive In Ghent2020Hassle RecordsUnison Life2022Hassle Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Bélxica Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 2013