Unha xungla é un bosque ou terreo poboado de vexetación exuberante, propio de climas tropicais. Provén da palabra sánscrita jangala, que quere dicir lugar salvaxe. En moitas linguas da India utilízase para referirse a calquera terra en estado natural, sexa un bosque, unha pradaría ou un deserto.
O termo pode utilizarse nun contexto técnico para referirse a unha selva tropical cunha gran biodiversidade e plantas densamente entrelazadas, como árbores, canaveiras, lianas ou herbas. Como ecosistema, as xunglas atópanse en zonas climáticas tanto ecuatoriais como tropicais.miniatura|250px|Xungla en Camboxa.|centro Notas
Categoría:Ecosistemas Categoría:Bosques