Matthew James Bellamy, nado o 9 de xuño de 1978 en Cambridge, é un músico inglés, coñecido por ser o vocalista, guitarrista, pianista e principal compositor da banda de rock alternativo Muse.

Traxectoria Infancia O seu pai, George Bellamy, era guitarrista no grupo The Tornados, o primeiro grupo do Reino Unido en ser nº 1 nas listas de vendas dos Estados Unidos"Revelation on stage" en This is London . A súa nai, Marilyn, naceu en Belfast e mudouse a Inglaterra nos anos 70. No seu primeiro día en Inglaterra coñeceu a George Bellamy, mentres traballaba como taxista en Londres. Mudáronse a Cambridge, onde Paul, o irmán máis vello de Matt, naceu en 1976.

En 1988 mudáronse a Teignmouth, Devon. Con 14 anos os seus pais divorciáronse, e foi vivir coa súa avoa durante un tempo.

"Estábase ben en casa, clase media, tiñamos cartos", dixo Matthew. "Creo que tiña case todo o que quería ata os 14 anos, si. Entón, todo cambiou, os meus pais divorciáronse, fun vivir coa miña avoa, e non había moitos cartos. Teño unha irmá maior ca min, a miña medio irmá: o meu pai tívoa antes de casar, e tamén un irmán menor. Ata os 14, a música era parte da miña vida, e chegouse a converter nunha necesidade".

Aínda que Matthew probara co piano desde neno nunca lle interesou ata que o seu irmán o obrigou a inscribirse nun concurso, que gañou. Nese momento comezou a aspirar a ser un compositor de música clásica, ata que viu un concerto de Rage Against the Machine e sorprendeuno a actuación de Tom Morello, unha das súas principais influencias para a guitarra. Con 14 anos fixo unha proba para entrar na banda de Dominic Howard, actual batería de Muse.

Influencias Bellamy usa altas liñas vogais como referencia de Muse. Este falsetto é unha característica principal do grupo. O seu estilo vogal foi comparado ao de Thom Yorke de Radiohead, Freddie Mercury de Queen e ao de Jeff Buckley, ao que Bellamy citou como maior influencia.

As súas composicións no piano foron inspiradas por pianistas como Serguéi Rachmáninov, e como resultado dunha fusión do estilo Romántico con rock naceron moitas cancións de Muse, como "Space Dementia" ou "Butterflies and Hurricanes". Esta última contén un pequeno intermedio que recorda a unha composición de Rachmaninoff.

Bellamy citou algúns guitarristas que o influíron, como Jimi Hendrix ou Tom Morello. Deste último nótase especialmente a influencia nos riffs das cancións do segundo álbum de Muse, Origin of Symmetry.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas muse.mu Páxina oficial de Muse

Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Muse Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Cambridge Categoría:Compositores de Inglaterra