Garbancito de la Mancha é unha película de animación española dirixida por Arturo Moreno. Realizada no barrio de Vallcarca de Barcelona, estreouse en 1945 no cine Femina da cidade condal. É a primeira longametraxe de debuxos animados feita en España e a primeira en cor de Europa.La Vanguardia Española, Barcelona, páx. 11, 23 de novembro de 1945 Trátase dunha adaptación do conto do mesmo título escrito por Julián Pemartín.
Sinopse
Garbancito de la Mancha conta a historia de Garbancito, un neno orfo que vive nunha aldea sometido continuamente por tres rapaces: Manazas, Pelanas e Pajarón. Un día, anúnciase a chegada do xigante Caramanca, que devora os nenos crus, e secuestra dous amigos de Garbancito: Kiriqui e Chirili.
Para rescatar os seus amigos, Garbancito contará coa axuda da súa cabrita Peregrina, dunha espada e do poder que lle concede a Fada Madriña. Con esta capacidade, Garbancito poderá converterse en garavanzo sempre que o desexe.
Fito dentro do cine europeo
Garbancito é un fito do cine europeo, porque foi a primeira película de animación en cor rodada fóra dos Estados Unidos, a primeira longametraxe de debuxos animados español e a primeira europea que utilizou a técnica de animación con celuloide. Desta obra só se conservan copias de mala calidade e son.
O 20 de xullo de 2020 deuse a coñecer a compra por parte da Filmoteca Española dunha copia en nitrato da cinta en DufayChrome, para realizar un proxecto de restauración co fin de recuperar a cor orixinal da película e a súa dixitalización para unha posterior exhibición.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bendazzi, Gianalberto. Cartoons. 100 años de cine de animación. Madrid: Ocho y medio, 2003 Manzanera, Maria. Cine de animación en España – Largometrajes 1945 – 1985. Murcia: Universidade de Murcia, 1992 Yebenes, Pilar. Cine de animación en España. Barcelona: Ariel, 2002 Moscardó Guillén, José. El cine de animación en más de 100 largometrajes. Madrid: Alianza Editorial, 1997
Ligazóns externas
Dossier prensa, exposición no Museu de Cinema de Girona dedicado a Garbancito de la Mancha e ao seu director (2015) Testimonial en vídeo dedicado á creación de Garbancito (2015) Texto e imaxes sobre a exposición dedicada a Garbancito (2015) Imaxes de distintas fases da realización de Garbancito de la Mancha (sen son).
Categoría:Filmes de 1945 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de animación