Soad Hosny (en ), nada no Cairo o 26 de xaneiro de 1943 e finada en Londres o 21 de xuño de 2001, foi unha actriz exipcia. Foi coñecida como a "Cincenta do cinema exipcio" e unha das actrices máis influentes de oriente medio e o mundo árabe.

Traxectoria Soad Hosny naceu nunha familia de clase traballadora. O seu pai, de orixe kurda siria, traballaba como calígrafo no Cairo. Debutou no cine aos quince anos, interpretando o papel principal nunha comedia musical de Henri Barakat titulada Hassan wa Nayima.

A principios dos anos 70 fíxose famosa en todo o mundo árabe grazas a Khalli balak min Zouzou, unha comedia musical do cineasta Hassan Al-Imam, en que interpretaba unha universitaria militante. Soad Hosny, alcumada a “Cincenta da pantalla árabe”, converteuse nunha das actrices emblemáticas do cinema exipcio e rodou cen filmes en trinta anos. Vivindo na época do nasserismo e do panarabismo laico, foi para moitos exipcios e árabes o símbolo do cambio e o rostro da modernidade.

Vida persoal Soad Hosny era media irmá da cantante Najet Essaghira. A actriz casou varias veces, mais non tivo fillos. Casou co director Salah Karim en 1966 e despois compartiu a súa vida con Ali Badrakhan durante máis de dez anos. Volveu casar co escritor Maher Awwad en 1984. A pesar dun idilio de varios anos, o cantante e actor Abdel Halim Hafez negouse a casar con ela.

Desde finais dos anos 90, a actriz viviu en Londres, onde foi tratada por dor nas costas. Tamén loitou por curar a súa depresión. O 21 de xuño de 2001 (o aniversario do nacemento de Abdel Halim Hafez), caeu do sexto piso e faleceu. A televisión exipcia interrompeu os seus programas para anunciar a súa morte e milleiros de exipcios asistiron ao seu funeral. Aínda que se mencionou a hipótese do suicidio, non están claras as circunstancias exactas da súa morte, e comezaron a circular rumores de asasinato. A súa irmá Janja ficou convencida de que membros do goberno eran os responsables da súa morte e presentou unha denuncia. En 2013, o xuíz encargado do caso desestimouna por falta de probas.

Filmografía

Al-Ra’i wal nissa’ (1991) Huwa wa hiyya (serie de televisión, 1985) Maw’ed ’ala al-’acha (1982) Ahl el qema (1981) Chafiqa wa Mitwalli (1976) Alā man nutliq al-rusās (1975) Karnak (1975) Amirat houbbi ana (1974) Ghouraba’ (1973) Al-Nass wal-Nil (1972) Khalli balak min Zouzou (1972) Zawgaty Wal Kalb (1971) Al-Ikhtiyar (1971) Al-sitt al-nazra (1968) Zawag ’ala altariqa al-haditha (1968) Al-Zawga al-sniya (1967) Hayawanat 1987 (1967) Chabab magnoun giddân (1967) Chaqat al-talaba (1967) Saghira ’al-houb (1966) Al-Qāhira 30 (1966) Laylat zafaf (1966) Al-’o al thalatha (1964) Al-tariq (1964) Al-mourahiqân (1964) Al-jarima al-dahiqa (1963) Al-’ariss yasel ghadân (1963) Maw’ed fil-bourg (1962) Al-Daw’ al khafet (1962) Ghosn el zeitoun (1962) A’az el-habayeb (1961) Ichaat houbb (1960) Li rigal fakat (1960) Gharamiyat imra’a (1960) Mal wa nesaa (1960) Banat waal saif (1960) Rigal wa imra’a (1960) Hassan wa Na'ima (1959)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "...Zouzou" Perfil (cita 1943 como ano de nacemento), ElCinema.com; consultado o 26 de xaneiro de 2015 Soad Hosny's 79th Birthday en Google Doodle "رسالة السندريلا إلى الله!" (cita 1943 como ano de nacemento) "Souad Hosny dies in London after struggling with disease" , aawsat.com (cita 1944 como ano de nacemento) Cita 1942 como ano de nacemento

Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Actores de Exipto