A xiz, xiz de Creta, pedra calcaria de Creta ou só creta é unha rocha sedimentaria branca, porosa e branda de orixe orgánica, unha forma de pedra calcaria usada para a cal. A súa formación débese á acumulación de enormes cantidades de restos de cocolitóforos, algas microscópicas cubertas por diminutas placas de calcita (cocolitos). É frecuente atopar nódulos de sílex asociados ao xiz.

Un exemplo de rochas feitas de giz son os cantís de Dover, no sur de Inglaterra.

O sistema e período Cretáceo toma o seu nome desta rocha.

Descrición Está composto principalmente por pequenos fragmentos de calcita de cunchas ou esqueletos de plancto, como os foraminíferos ou cocolitóforos. Estes toman principalmente a forma de placas de calcita que van desde 0,5 a 4 micrómetros de tamaño, aínda que preto de 10% a 25% dunha creta típica está composto por fragmentos que son de 10 a 100 micrómetros de tamaño. Os fragmentos máis grandes inclúen esqueletos de plancto intactos e fragmentos esqueléticos de organismos máis grandes, como moluscos, equinodermos ou briozoos.

A creta ou xiz é normalmente calcita case pura, , con só entre un 2% e un 4% doutros minerais. Normalmente son cuarzo e minerais de arxila, aínda que ás veces tamén está presente colofano (apatita criptocristalina, un mineral fosfato, como nódulos ou pequenos gránulos interpretados como gránulos fecais).

O giz é moi poroso, con valores típicos de porosidade que oscilan entre o 35 e o 47 %.

É identificable pola súa dureza, o contido en fósil e a súa reacción ao ácido (produce efervescencia ao contacto).alt=Pozo de giz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido|miniatura|Pozo de xiz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido|centro

Notas

Véxase tamén

Categoría:Rochas sedimentarias