1966 (MCMLXVI) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 2 de xaneiro - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato coma presidente de Bolivia. 17 de xaneiro - Incidente de Palomares: colisión de dous avións estadounidenses sobre Almería. Caen catro bombas atómicas no mar, tres nas proximidades de Palomares e outra preto de Almería. 3 de febreiro - A sonda soviética Luna 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas. 15 de maio - Homenaxe de despedida ao poeta Celso Emilio Ferreiro, que marchaba a Venezuela, no Hotel Roma de Ourense. 17 de agosto - Lanzamento de Pioneer 7 para o estudo do espazo interplanetario. 9 de decembro - A NBC comeza a emitir a serie de ficción científica Star Trek.

Nacementos 1 de febreiro: Laurent Garnier, compositor francés de música electrónica. 4 de febreiro: María Jesús Montero, política española do PSOE 6 de febreiro: Rick Astley, cantante inglés. 20 de febreiro: Cindy Crawford, modelo, actriz e cantante estadounidense. 24 de febreiro: Alain Mabanckou, escritor congolés. 18 de marzo: Marta Bobo, ximnasta galega. 8 de abril: Robin Wright, actriz estadounidense. 15 de abril: Samantha Fox, modelo e cantante inglesa. 16 de maio: Janet Jackson, actriz e cantante estadounidense. 7 de xuño: Lorenzo Silva, escritor español. 25 de xullo: Xurxo Souto, músico, escritor e xornalista galego. 25 de agosto: Alexandra Pavelková, escritora eslovaca. 2 de setembro: Salma Hayek, actriz mexicana. 9 de setembro: Adam Sandler, actor estadounidense. 13 de setembro: Maria Furtwängler, actriz alemá 6 de outubro: Dolores Heredia, actriz mexicana. 20 de outubro - Abú Muzab al Zarqaui, terrorista, autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq. (m. 2006) 6 de novembro: Laurent Lafforgue, matemático francés. 11 de novembro: Benedicta Boccoli, actriz teatral italiana. 22 de decembro: María Pujalte, actriz galega.

Mortes 11 de xaneiro - Alberto Giacometti, escultor e pintor suízo. 1 de febreiro - Buster Keaton, actor, escenógrafo e cineasta estadounidense. 26 de febreiro - Cándido Alfonso González Tiradas, escritor galego (n. 1905). 27 de febreiro - Castera Bazile, pintor haitiano. 5 de marzo - Anna Akhmatova, poeta rusa. 14 de marzo - Victoriano Taibo, escritor galego. 28 de marzo - Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego. 1 de abril - Flann O'Brien, escritor e humorista irlandés. 1 de abril - Rafael Romano Gracia, xornalista galego. 16 de abril - Leopoldo García Durán, avogado e político galego (n. 1882). 2 de maio - Miquel Llor, escritor catalán (n. 1894) 7 de xullo - Victoriano García Martí, sociólogo e escritor galego. 8 de xullo - Antonio Casanova Prado, sindicalista e xornalista galego (n. 1898). 22 de setembro - Xesús San Luís Romero, dramaturgo galego (n. 1872). 15 de decembro - Walt Disney, debuxante, caricaturista, animador e produtor de películas estadounidense.

Premios Nobel Física: Alfred Kastler Química: Robert S. Mulliken Fisioloxía ou Medicina: Peyton Rous e Charles B. Huggins Literatura: Shmuel Yosef Agnon e Nelly Sachs Paz: Non concedido

Día das Letras Galegas dedicado a: Francisco Añón Paz

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1966