Kupanta-Kurunta foi rei de Arzawa desde aproximadamente o 1430 a. C. ata 1400 a. C.

Asinou un tratado con Tudhaliyas II sobre o 1430 a. C. Un déspota local, Madduwattas, (Madiates?) de Zippasla (ao leste da futura Magnesia do Sípilo), despois dunha vitoria militar sobre os hititas, fíxose independente e casou coa filla de Kupanta-Kurunta.

Despois do 1400 a. C. Madduwatas apoderouse do trono de Arzawa, seguramente á morte de Kupanta-Kurunta.

Categoría:Reis de Arzawa Categoría:Historia de Turquía Categoría:Arzawa