miniatura|O pexego é un froito monospermo En botánica, o adxectivo monospermo, feminino monosperma, refírese especificamente a que un froito ou froita dunha planta espermatófita (fanerógama), tanto anxiosperma como ximnosperma, só contén unha soa semente dentro da súa estrutura, sen ter en conta a súa denominación taxonómica ou a forma. Por exemplo, un legume monospermo, unha drupa monosperma.

Este neoloxismo cuñouse a finais do século XVIII, e aparece documentado po primeira vez en 1798 en francés.monospermo en dicciomed.

Etimoloxía Este termo está formado pola unión dos elementos mono- e -spermo, -a, tirados do grego antigo μóνος mónos, "só", "único", e σπερμά spermá, "semente".monosperm no Merriam-Webster Dictionary

Monospermia Relacionado con este termo está o substantivo monospermia, co que se denomina: a calquera fenómeno relativo ás plantas ou aos froitos monospermos, e a fecundación dun óvulo mediante un só espermatozoide, o que constitúe a regra.

O seu antónimo é polispermia que entrou na linguaxe científica moito antes que monospermo, xa que aparece en inglés a finais do século XVII (monosperm non entrou no inglés até 1879).monospermo en etimologías.dechile.net.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo II. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.

Ligazóns externas monospermo en definiciona.com, monospermo en etimologías.dechile.net.

Categoría:Termos botánicos Categoría:Reprodución