San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes), 73 menos ca en 1999. Xeografía
Limita coas parroquias de Esposende ao sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao norte e a de Bieite ao oeste.
Patrimonio Houbo nesta freguesía un castelo do Conde de Ribadavia. A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia. O curado é de entrada e ten por anexo o de Esposende. A casa reitoral de San Lourenzo, tamén de fábrica románica, atópase en ruínas.
Casa Grande de Lentille, no lugar de Lentille. Santuario de San Bieito de Cuñas.
Hai tres cruceiros na parroquia: un xusto ao lado da igrexa, outro na estrada de Lentille e outro en Cuñas.
Lugares e parroquias miniatura|As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle. Lugares da Pena
Parroquias de Cenlle
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle
Categoría:Parroquias de Cenlle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo