A síndrome do intestino irritable ou colon irritable é unha patoloxía do aparello dixestivo caracterizada pola alteración funcional dos hábitos deposicionais e intestinais sen que estea xustificado por ningunha anomalía estrutural en ningún órgano. Dado que non existe ningún marcador clínico, proba de imaxe ou calquera outro test diagnóstico, considérase unha doenza de exclusiónO diagnóstico de exclusión consiste en diagnosticar unha doenza cando se descartaron todas as demais causas compatibles coa doenza a estudo. e o seu diagnóstico baséase nas manifestacións clínicas. O colon irritable diagnostícase en base a uns criterios clínicos establecidos que se coñecen coma Roma II. A prevalencia desta patoloxía abrangue entre o 10 e o 20 por cento da poboación mundial, cun claro predominio no sexo feminino.
A síndrome do intestino irritable está asociada típicamente a outras doenzas funcionais, coma a cefalea tensional, a síndrome de fatiga crónica, a fibromialxia ou a cistite intersticial.
Síntomas O síntoma principal e necesario para o diagnóstico de colon irritable é a dor ou as molestias abdominais. Esta dar de xeito típico adoita mellorar tras a defecación ou a expulsión de gases. Pode consistir tanto nunha dor constante e continua coma intermitente en forma de cólico. A dor empeora co estrés e coas comidas. Normalmente non se asocia desnutrición e o sono nocturno adoita ser respectado.a
Ademais da dor, poden coexistir e incluso intercalarse e episodios de estreñemento e diarrea. Cando se produce diarrea, esta pode ir acompañada de mucosidade, de xeito que o termo "colite mucosa" é un sinónimo moitas veces desta doenza.
En case a metade dos pacientes, ademais, pódense identificar síntomas do aparello dixestivo superior: náuseas, vómitos, refluxo gastroesofáxico ou dispepsia.
Diagnóstico Non existe ningunha proba médica que diagnostique a síndrome do colon irritable. Os criterios diagnósticos son estritamente baseados na clínica e determinados por un comité de expertos, no que se denomina os Criterios de Roma II. Criterios diagnósticosDor ou molestias abdominais persistentes no tempo (polo menos tres veces ao mes durante máis de tres meses).Polo menos dous das seguintes características: 1. Melloría da dor trala defecación.2. Inicio relacionado con cambios na frecuencia das defecacións.3. Inicio relacionado con cambios na consistencia ou forma das feces.
Tratamento A síndrome do colon irritable é unha doenza benigna, polo que comprería explicar e tranquilizar ao paciente o curso da enfermidade. Dado que os pacientes adoitan a estar preocupados e que o estrés emocional inflúe nesta doenza, a correcta educación sanitaria pode mellorar os síntomas.
Outro piar terapéutico radica nos cambios de estilo de vida, sobre todo no exercicio e na alimentación. A dieta libre de glute, baixa en FODMAPs ou rica en fibra poderían mellorar os síntomas de colon irritable.
Non existe ningún tratamento específico para o colon irritable. As posibles opcións terapéuticas dependerán dos síntomas que manifeste o paciente e irán encamiñadas ao tratamento específico destes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Síndrome de fatiga crónica
Categoría:Doenzas