Ariel foi unha serie de seis satélites artificiais colaboración entre Reino Unido e Estados Unidos para estudar a atmosfera superior e os fenómenos de altas enerxías.
Ariel 1 e 2 Foron lanzados o 26 de abril de 1962 e o 27 de marzo de 1964 respectivamente, un mediante un foguete Delta e o outro mediante un Scout X-3. Ariel 1 tiña forma de cilindro de 62 kg e 58 cm de diámetro, cunha altura de 22 cm, e a súa misión foi estudar a ionosfera e a súa relación coa actividade solar. Funcionou ata o 9 de xullo de 1962. Ariel 2 levaba tres experimentos a bordo para medir as ondas de radio galácticas.
Ariel 3 e 4 Foron lanzados o 5 de maio de 1967 (mediante un Scout A) e o 11 de decembro de 1971 (usando un Scout B1) respectivamente. Ariel 3 levaba cinco experimentos a bordo e tiña forma de prisma de doce lados e 57 cm de altura cun diámetro de 69,6 cm. Ariel 4 foi lanzado para estudar a interacción entre ondas electromagnéticas, plasmas e partículas enerxéticas coa ionosfera.
Ariel 5 Ariel 5 foi lanzado o 15 de outubro de 1974 mediante un Scout B1 con seis experimentos a bordo para estudar os raios X de orixe astronómica.
Ariel 6 Ariel 6 foi lanzado o 2 de xuño de 1979 mediante un Scout D1. Levaba instrumentos a bordo para estudar raios X e raios cósmicos.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasAriel 126 de abril de 1962DeltaÉxitoAriel 227 de marzo de 1964Scout X-3ÉxitoAriel 35 de maio de 1967Scout AÉxitoAriel 411 de decembro de 1971Scout B1ÉxitoAriel 515 de outubro de 1974Scout B1ÉxitoAriel 62 de xuño de 1979Scout D1Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Scout D1 Scout B1 Scout A Scout X3
Categoría:Satélites artificiais