Pristigaster whiteheadi é unha especie de peixe osteíctio da orde dos clupeiformes, suborde dos clupeoideos, unha das dúas intagradas na familia dos pristigastéridos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito no ano 2000 polos ictiólogos brasileiros Naércio Aquino de Menezes e Mário César Cardoso de Pinna.Pristigaster whiteheadi Menezes & de Pinna, 2000 no WoRMS. Consultado o 4 de agosto de 2022.
Etimoloxías Para a do xénero, ver Pristigaster.
O epíteto específico, whiteheadi, é unha homenaxe que Menezes e de Pinna lle fixeron ao ictiólogo Peter James Palmer Whitehead (1930-1992), que traballou no Museo de Historia Natural de Londres."Biographical Etymology of Marine Organism Names. VW". Hans. G. Hansson.
Hábitat e distribución Pristigaster whiteheadi é un peixe de auga doce, peláxico, tropical, que se encontra en América do Sur, na conca do río Amazonas, no Brasil, o Perú e Ecuador,Pristigaster whiteheadi Menezes & de Pinna, 2000 en FishBase. probabelmente a profundidades de atá os 5 m.
Esta especie é simpátrica de Pristigaster cayana, pero non está rexistrada na conca de Araguaia/Tocantins.Menezes, N. A. & De Pinna, M. C. C. (2000).
A súa lonxitude máxima estándar é de 8,9 cm.Menezes, N. A. & De Pinna, M. C. C. (2000).
Poboación A información sobre a poboación desta especie é limitada. Existen 8 rexistros en FishNet2, con até 2 individuos nun único grupo. Species Link ten 55 rexistros. Esta especie está amplamente distribuída pero non abundante localmente .
Ameazas Descoñécense as ameazas para esta especie. O sistema fluvial amazónico ten algunhas áreas moi explotadas e perturbadas ambientalmente, que poden afectar a esta especie a nivel localizadoMartelo, J., Lorenzen, K., Crossa, M. & McGrath, D. G. (2008): "Habitat associations of exploited fish species in the Lower Amazon river–floodplain system". Freshwater Biology 53 (12): 2455-2464. Os impactos da degradación localizada no encoros poden estar a producirse e poden converterse nunha ameaza importante nun futuro próximo. Di Dario, F., Williams, J. T. & Nanola, C. (2017): Pristigaster whiteheadi na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada on 4 de agosto de 2022.
Estado de conservación Pristigaster whiteheadi é unha especie de auga doce que está amplamente distribuída na conca do Amazonas. A información sobre a poboación desta especie é limitada, aínda que aparentemente non é abundante localmente. Non existe información de uso e comercio para esta especie, e non se coñecen ameazas importantes; con todo, pode estar a producirse unha degradación localizada dos encoros que podería converterse nunha ameaza importante nun futuro próximo. Non hai medidas de conservación específicas para especies, con todo, a súa área de distribución se solapa coas reservas de auga doce. Por todo iso, a especie está cualificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) como LC (pouco preocupante).</ref>
Notas
Véxase tamén Bibliografía Martelo, J., Lorenzen, K., Crossa, M. & McGrath, D. G. (2008): "Habitat associations of exploited fish species in the Lower Amazon river–floodplain system". Freshwater Biology 53 (12): 2455-2464. Menezes, N. A. & De Pinna, M. C. C. (2000): "A new species of Pristigaster, with comments on the genus and redescription of P. cayana (Teleostei: Clupeomorpha: Pristigasteridae)". Proceedings of the Biological Society of Washington 113 (1): 238-248.</ref>
Outros artigos Clupeiformes Clupeoideos Pristigastéridos Pristigaster
Ligazóns externas Pristigaster whiteheadi Menezes & de Pinna 2000 na EOL.
Categoría:Clupeiformes