Pícame tarde i-arrándame cedo, e sacarás ao teu amo de empeño. Isto dixo o millo. Gurrón, gurrón, vinte días debaixo do turrón - díxolle a liñaza ao millo, e repúxolle este : Privada, privada, os tres días xa estás nada. Ano de noces, ano de voces. Horta de outono mantén ao seu dono. Ano de ameixas, ano de queixas, e ano de herba, ano de miseria. Cando Deus quer dar a anada, non a leva vento nin xeada. Cando a ruliña veña a rular, colle o millo e vai sementar. Horta de Sanmartiño, mantén o dono e o veciño. Pola Santa Mariña, deixa a sacha e colle a fouciña. Pola Santa María, rapa a aniña. Na semana de Ramos lava os teus panos, que na maor, ou os lavarás ou non. A castaña quer en agosto arder e en setembro beber. Desque ven o cuco, ven o pan ao suco

Véxase tamén Bibliografía

agrícola Categoría:Agricultura