Bradyrhizobium japonicum é unha especie de bacteria fixadora do nitróxeno microsimbiótica que forma nódulos radiculares en legumes. A especie é un bacilo gramnegativo que pertence o grupo dos rizobios. Dentro dese grupo de organismos clasifícase no grupo de homoloxía II (dos tres que se estableceron por secuenciación do ADN).

Usos

Agricultura

B. japonicum engádese a sementes de legumes para mellorar o rendemento das colleitas de legumes, particularmente en áreas do mundo nas que a bacteria non é nativa. A miúdo o inoculado adhírese ás sementes antes de plantalas usando unha solución de azucre.

Investigación

Unha cepa de B. japonicum, a USDA110, leva sendo utilizada como organismo modelo desde 1957. É amplamente utilizado en estudos de xenética molecular, fisioloxía vexetal e ecoloxía vexetal debido á súa actividade de fixación do nitróxeno relativamente superior na planta da soia (comparado con outras especies de rizobios). Secuenciouse o seu xenoma completo en 2002, o que revelou que a especie tiña un só cromosoma circular con 9.105.828 pares de bases.

Metabolismo

B. japonicum pode degradar as catequinas coa formación do ácido carboxílico floroglucinol, que segidamente é descarboxilado a floroglucinol, que é deshidroxilado a resorcinol e hidroxiquinol.Hopper, W., & Mahadevan, A. (1991). Utilization of catechin and its metabolites by Bradyrhizobium japonicum. Applied microbiology and biotechnology, 35(3), 411–415. https://doi.org/10.1007/BF00172735. PMID 22622944 .

B. japonicum posúe o xene nosRZDFYLX, que axuda na desnitrificación e ten dúas subunidades catalíticas, Cu-a e Cu-z (con varios residuos de histidina). Controla unha fervenza de expresión que pode percibir os gradientes de oxíxeno, denominada 'FixJ-FixK2-FixK1.' FixJ regula positivamente a FixK2, que activa os xenes de respiración de nitróxeno, así como a FixK1. Os mutantes de FixK1 son incapces de respirar o nitróxeno debido a unha subunidade catalítica de cobre defectuosa (Cu-z) en nosRZDFYLX.

Transformación xenética

A transformación xenética natural en bacterias é un proceso parasexual que implica a tansferencia de ADN dunha célula a outra a través do medio que as separa, e a integación da secuencia doante no xenoma do recipiente por recombinación homóloga. As células B. japonicum poden sufrir transformación. Fanse competentes para a captación do ADN durante a fase logarítmica tardía.Hattermann, D. R., & Stacey, G. (1990). Efficient DNA transformation of Bradyrhizobium japonicum by electroporation. Applied and environmental microbiology, 56(4), 833–836. https://doi.org/10.1128/aem.56.4.833-836.1990. PMCID: PMC184308. PMID 2187405

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bradyrhizobium en www.bacterio.cict.fr Cepa tipo de Bradyrhizobium japonicum en BacDive - the Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Nitrobacteráceas Categoría:Organismos modelo