Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo e Aranga. Comezou a emitirse en 2001 e constou de 7 tempadas e 138 episodios. Pechou o seu exitoso percorrido en 2007, cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.

A serie comeza cunha veterinaria que chega a unha vila da Galicia interior cos seus dous fillos pequenos para esquecer a súa separación. Coa xubilación próxima dun seu tío alí residente, tamén veterinario, decide facerse cargo do posto que deixa vacante.

Intérpretes

Guionistas Raúl Dans, Daniel Domínguez, Alejandra Juno

Capítulos O inverno do ourizo

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2002Mellor directorJorge Coira e Chema GaginoNomeadoMellor actrizMaría BouzasGañadoraMellor actor secundarioXosé Luís Bernal "Farruco"NomeadoMellor actriz secundariaPatricia de LorenzoNomeadoMellor realizadorCarlos SedesNomeadoMellor serie de televisiónVoz Audiovisual e TVGNomeadoMellor dirección de produciónAmalia Mato, Ana Míguez, Silvia Carnero, Alfonso Blanco e Jesús VecinoNomeadoMellor dirección artísticaAntonio Pereira e Inés RodríguezNomeadoMellor montaxeMartín Fiallega, Óscar Rodríguez, Manu Mayo e Luis MillaresNomeadoMellor banda sonoraPiti SanzNomeadoMellor sonFran Arcay, Rubén Bermúdez e Víctor G. SeijoNomeadoMellor fotografía/iluminaciónXosé Manuel NeiraGañadoraMellor maquillaxe e peiteadoAna MuíñoNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Capítulos á carta de Terra de Miranda Terras de Miranda en AVG de Culturagalega.org

Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2001 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2007 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega