Holzminden (pronunciación alemá : ) é unha cidade, capital do distrito rural alemán de Holzminden, no sur do estado federal de Baixa Saxonia. Atópase directamente ás beiras do río Weser, que marca a fronteira con Renania do Norte-Westfalia.
Historia ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Holzminden_Herbst_2005.JPG/300px-Holzminden_Herbst_2005.JPG|esquerda|miniatura|300x300px| Vista da cidade no outono.
Nome Holzminden mencionouse por primeira vez no século IX como Holtesmeni; porén, o nome non se refería orixinalmente á cidade actual, senón a unha aldea de Altendorf, a "cidade vella", que foi incorporada á cidade en 1922.
Idade Media Durante o reinado de Ludovico I, monxes beneditinos da abadía de Corbie en Francia chegaron á zona e fundaron un mosteiro en Hethis no Solling. Cando o lugar deste mosteiro xa non era viable, foi pechado e abriuse outro preto do río: Abadía de Corvey ou Corbeia nova. Documentos antigos mostran que houbo moitas doazóns ao Holtesmeni (mosteiro).
Presúmese que xurdiu, xunto con outros asentamentos da contorna, no período comprendido entre o 500 e o 800. Algunhas das outras cidades foron abandonadas cando Holzminden recibiu as leis municipais, prometendo así maiores privilexios aos seus cidadáns e exercendo unha maior atracción ao seu redor.
En 1200, a cidade foi transferida baixo a protección do príncipe do castelo de Everstein, e en 1245, o conde de Everstein concedeulle o status de cidade. Por este motivo, o escudo da cidade mostra ao león de Everstein rampante cara á entrada aberta da cidade.
Desde 1408, a cidade pertenceu aos príncipes da Casa de Welf.
Idade Moderna e Contemporánea A partir do século XVI Holzminden pertenceu á Casa de Brunswick e Desde entón até 1942, estivo gobernada polo Ducado de Brunswick . En 1640, durante a Guerra dos Trinta Anos, a cidade foi destruída polas tropas do emperador e só se recuperou lentamente.
Até o século XX, Holzminden foi unha cidade provincial habitada por pequenos agricultores. Durante a Primeira guerra mundial, Holzminden foi o lugar dun campo de prisioneiros de guerra alemáns para oficiais británicos capturados. Na Segunda guerra mundial, o xefe do Departamento de operacións (Operationsabteilung) da Wehrmacht de 1940 a 1944 na Alemaña nazi, Adolf Heusinger, era orixinario de Holzminden.
Cidades irmás Holzminden está irmandado con:
Leven, Fife, Escocia
Lugares de interese
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Cidades de Alemaña Categoría:Baixa Saxonia